Dark Angel é unha serie de televisión estadounidense que se estreou na canle Fox o 3 de outubro de 2000. Creada por James Cameron e Charles H. Eglee, está protagonizado por Jessica Alba. Ambientada en 2019, a serie conta a historia de Max Guevara (Alba), unha supersoldado mellorada xeneticamente que escapa dunha instalación militar encuberta cando era nena. Nun Seattle postapocalíptico, ela tenta levar unha vida normal mentres elude a captura por axentes do goberno e busca aos seus irmáns e irmás dispersos tras a súa fuxida. Dark Angel foi a primeira e única serie producida pola compañía Cameron/Eglee Productions, e foi rodada en Vancouver nos Lions Gate Studios.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2000 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2003 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América