Shina Novalinga (en ), nada no ano 1998 en Puvirnituq, é unha personalidade de Internet, cantante e activista inuk canadense. Gañou recoñecemento após subir vídeos facendo canto de gorxa inuit coa súa nai en TikTok e Instagram. En xullo de 2021 tiña arredor de 2 millóns de seguidores en TikTok.

Traxectoria Aínda que naceu en Puvirnituq, Nunavik, mudouse coa súa nai Caroline Novalinga a Montreal cando tiña catro anos. Descríbese a si mesma como medio inuk e medio quebequesa. Novalinga aprendeu a falar a lingua inuktitut coa súa nai e comezou a practicar o canto de gorxa cando tiña sete anos.

Na primavera de 2021, Novalinga graduouse en Xestión Empresarial no John Abbott College no Quebec. Tamén comezou un programa dun ano de Estudos Inuit na Nunavik Sivunitsavut en Montreal en outono de 2021.

Canto de gorxa inuit O canto de gorxa inuit é unha práctica cultural que foi prohibida a comezos do século XX polos misioneiros critiáns por considerala "satánica", polo que estivo a piques de desaparecer. En Puvirnituq, a nai de Novalinga foi unha das catro mulleres que aprenderon a técnica para transmitírllela ás seguintes xeracións.

Novalinga subiu o seu primeiro vídeo practicando o canto de gorxa a TikTok en marzo de 2020, e dende aquela subiu ducias de vídeos semellantes. Neles pódese ver como Novalinga e a súa nai cantan xuntas usando a gorxa e o diafragma para producir diferentes sonoridades. Novalinga tamén destaca a importancia desta práctica na súa relación coa súa nai e tamén na cultura inuit:

En xuño de 2021, Novalinga publicou un álbum coa súa nai e co produtor canadense Simon Walls, Mother and Daughter Throatsinging.

Moda Novalinga tamén usa a súa plataforma para dar a coñecer a roupa tradicional inuit. Promove roupa feita a man con peles locais da súa nai Caroline, entre as que se inclúen anoraks (atigik), arracadas, luvas (paaluk), gorros (nasaks) e botas (kamiks).

En 2021, Novalinga fixo de modelo para unha campaña de publicidade de Sephora cun elenco e equipo de traballo completamente indíxena para celebrar o Mes da Historia Indíxena'' do Canadá.

Activismo indíxena Novalinga manifestou en redes o seu desexo de divulgar a cultura inuit e a súa historia. Tamén fai colaboracións con creadores cree como o bailarín James Jones e a modelo Michelle Chubb. Ademais, creou vídeos tratando temas como a historia de opresión e asimilación das escolas residenciais indíxenas do Canadá e a desaparición e asasinato de mulleres indíxenas.

Novalinga tamén usa a súa plataforma para apoiar diferentes causas benéficas, chegando a recadar 12 000$ para un refuxio para mulleres indíxenas no Quebec en decembro de 2020.

No verán de 2021 subiu numerosos vídeos reaccionando ao descubrimento de cemiterios de nenos nas escolas residenciais indíxenas canadenses.

Discografía Título Detalles Mother and Daughter Throatsinging Publicado o: 14 de xuño de 2021 Selo: autopublicado Formatos: CD, streaming e descarga dixital

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados no Quebec Categoría:Personalidades de Internet Categoría:Canadenses de ascendencia inuit Categoría:Activistas do Canadá Categoría:Modelos femininas do Canadá