Acyrthosiphon pisum, coñecido vulgarmente como pulgón do chícharo, é unha especie de insecto da orde dos hemípteros, e superfamilia dos afidoideos e da súa única familia, a dos áfidos.
Este insecto é parasito de moitas plantas, silvestres ou cultivadas, da familia das fabáceas (ou leguminosas), incluíndo os chícharos (dos que toma o nome), as xudías, os trevos e a alfalfa.
Así mesmo, tamén é o axente vector de certas enfermidades virais.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1776 polo entomólogo e gravador inglés Moses Harris.
Subespecies Recoñécense dúas subespecies:Acyrthosiphon pisum (Harris, 1778) en Inventaire national du patrimoine naturel (INPN). Acyrthosiphon pisum ononis (Koch, 1855) Acyrthosiphon pisum pisum (Harris, 1776)
Características Acyrthosiphon pisum e un insecto moi pequeno, de 2,5 a 4,4 mm de lonxitude, de cor verde mazá (ou rosa para algunhas cepas). Ten o abdome inchado. Os seus ollos son vermellos e as súas antenas tan longas coma o corpo. As súas pezas bucais modifícanse para formar un tubo mordedor recto. Os individuos partenoxenéticos xeralmente non teñen ás; só os individuos sexuais ou colonizadores teñen ás translúcidas e con costelas finas.
Bioloxía Nutrición O pulgón do chícharo é un insecto picador e chupador. As súas plantas hóspedes son membros da familia das fabáceas: chícharos, xudías, alfalfa, trevo... Unha vez instalados nunha planta hóspede, o pulgón perfora coas súas bocas urticantes até chegar a un vaso condutor de zume elaborado. Despois diso, case non se moverá máis, e bombeará o zume nutritivo continuamente.
Defensa contra os seus depredadores Cando un herbívoro se achega a menos de 5 cm, moitos pulgóns dos chícharos detectan o seu alento, despréndense do seu soporte vexetal e caen ao chan, escapando así do seu depredador.Maurice Mashaal: "Les pucerons soufflés par des mammifères". Pour la Science, 13 de agosto de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2021.
A pesar do seu nome francés, puceron vert du pois ("pulgón verde do chícharo"), os individuos deste pulgón poden ser de cor verde ou rosa. Ocorre que os adultos rosas son comidos polas xoaniñas, mentres que as larvas dos verdes son atacadas por avespas parasitoides que poñen alí os seus ovos. O estudo da flora microbiana deste pulgón revelou unha bacteria simbiótica do xénero Rickettsiella responsábel da síntese de pigmentos verdes, provocando que as larvas rosadas se volvan verdes a medida que se desenvolven, protexendo así as xoaniñas verdes adultas. Rickettsiella adoita asociarse con Hamiltonella defensa e con Serratia marcescens, que protexen ao pulgón das avespas parasitoides. A vulnerabilidade do pulgón ante depredadores e parasitos está, polo tanto, fortemente condicionada pola simbiose con estas bacterias.Tsutomu Tsuchida et al. (2010): "Symbiotic Bacterium Modifies Aphid Body Color". Science 330 (6007): 1102-1104.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Blackman, R. L. & Victor F. Eastop (2007): Aphids on the World's Herbaceous Plants and Shrubs, 2 Volumes. ISBN 978-0-4714-8973-3.
Outros artigos Afidoideos
Categoría:Sternorrhyncha Categoría:Parasitos