Elías López Delgado, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) cara 1894 e finado en Ourense 7 de novembro de 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego. Traxectoria Comerciante e viticultor do Córgomo. Tesoureiro do Partido Galeguista de Vilamartín de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias. Combateu no Batallón Galicia do Exército do Norte. Coa caída de Asturias retornou a Valdeorras e integrouse na guerrilla no grupo do Córgomo liderado por Antonio Arias Prada, que operou nas Terras de Valdeorras de finais de 1937 até finais de 1939. Detido, foi xulgado en Ourense o 30 de agosto de 1940 por rebelión militar e condenado á pena de morte. Foi fusilado en Ourense o 7 de novembro de 1940 con Antonio Arias Prada.La Región, 8-11-1940, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Nacionalismo e guerrilla: Un capítulo da loita antifranquista na Galiza Ligazóns externas Nacionalismo a man armada

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos