Cecilia Berdichevsky, nada en Vilnius o 30 de marzo de 1925 e finada o 28 de febreiro de 2010, foi unha programadora arxentina, pioneira na área da informática e no uso de Clementina. Despois da "Noche de los Bastones Largos" comezou a traballar na compañía de Sadosky, Guber e Chamero.
Traxectoria Berdichevsky estudou matemáticas na Facultade de Ciencias Exactas da Universidade de Buenos Aires onde tivo as súas primeiras aproximacións á informática. Fixo cursos coa programadora inglesa Cicely Popplewell e co español Ernesto García Camarero, converténdose na primeira programadora do primeiro grande ordenador que tivo Arxentina. Despois continuou os seus estudos en Manchester e regresou a Arxentina en 1963. Ademais de programadora, Cecilia tamén traballou como Xefa de Traballos Prácticos de Cálculo Numérico I, onde o profesor titular era Sadosky.
En 1962 obtivo unha bolsa para traballar na Unidade de Informática da Universidade de Londres e despois continuou o seu traballo en Francia.
Cecilia traballou en diferentes empresas vinculadas á tecnoloxía como: ACT, a empresa de Sadosky, Guber e Chamero; IBIZA; e, en 1984, pasa a ser subdirector xeral da Caixa de Aforros, encargado do Centro de Informática. Despois da súa xubilación, traballou como consultora informática e participou en importantes proxectos e organizacións internacionais como o PNUD.
Notas
Categoría:Nados en Vilnius Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades da informática Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires