Bengt Holmén, nado en Borås en 1929, é un numismático sueco.
Traxectoria Bengt Holmén naceu en Borås, no condado sueco de Västra Götaland, en 1929 e a súa familia trasladouse a Hisingen, no municipio de Gotemburgo, en 1933.Von Heijne, C. (2016). Páxina 145.
En 1951 graduouse en Gotemburgo como mestre de educación primaria e máis tarde graduouse en Historia e Sociedade da Antigüidade, e acadou un mestrado en Historia e un doutoramento en Economía. Holmén fixo patente o potencial da moeda como ferramenta educativa.
Furante décadas foi un impulsor da actividade numismática en Gotemburgo e entre 1987 e 1991 presidiu o círculo numismático desa cidade.
Xunto coa súa muller, Rut Holmén, creou a Fundación Rut e Bengt Holmén para a Numismática (Rut och Bengt Holméns tiftelse för numismatik), integrada no Consello Internacional de Numismática (CIN). En 2015, esta fundación absorveu a Fundación para a Numismática Gunnar Holst (Gunnar Holsts stiftelse för numismatik), que tamén estaba presidida por Holmén desde a súa creación en 1991.Von Heijne, C. (2016). Páxinas 144-145.
Entre outras entidades académicas e asociativas, Holmén foi membro da Royal Numismatic Society e da British Art Medal Society (Londres), da American Numismatic Society (Nova York), da Société Française de Numismatique (París), así como doutros organismos como a Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM). Ademais, participou en seis edicións consecutivas do Congreso Internacional de Numismática, organizado polo CIN, entre 1985 e 2015.
Recoñecementos
(2016). Medalla Gunnar Holst, da Fundación para a Numismática Gunnar Holst, de Goteburgo.Von Heijne, C. (2016). Páxina 144. (2016): Medalla Elías Brenner, da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Von Heijne, C. (2016). "Brenner-medaljen till Bengt Holmén". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 6 de outubro. Páxinas 144-146. ISSN 0283-071X
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados no condado de Västra Götaland Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Personalidades sen imaxes