Marianne Ihalainen, nada en Tampere o 22 de febreiro de 1967 é unha ex xogadora e adestradora finlandesa de hóckey sobre xeo. Desempeñou toda a súa carreira deportiva en Ilves Naiset, equipo que tamén adestrou durante catro tempadas.
Traxectoria Marianne Ihalainen criouse no Rahola, no oeste de Tampere. Alí xogaba con moitos nenos da súa mesma idade e cos seus irmáns, que tamén eran afeccionados aos deportes de xeo, e xogaba no xeo sempre que era posible. Ihalainen tamén xogaba nun equipo de nenas do Ilves, o que non era habitual no club na década de 1970.
Recoñecementos En 2001 o Ilves conxelou o seu número 16, converténdose deste xeito na primeira xogadora do mundo cuxa camisola se elevou ata o texto dun pavillón.
En 2019 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo elevou a súa camisola, sendo a primeira muller en conseguir este recoñecemento á súa traxectoria na selección finlandesa.
O 23 de xaneiro de 2020 foi unha das primeiras persoas incluídas no salón da fama do Ilves, coñecido co nome de "Ilves Hockey Legends", xunto con nomes como Raimo Helminen, Lasse Oksanen, Pentti Isotalo, Reijo Hakanen, Pekka Leimu, Risto Siltanen ou os falecidos Niilo Tammisalo (fundador do club), Juhani Linkosuo, Aarne Honkavaara, Jarmo Wasama, Jorma Peltonen ou os membros da familia Tiitola. A cerimonia celebrouse no pavillón de Hakametsä durante o da Liiga que enfrontou o Ilves cos Kärpät de Oulu.
Palmarés 8 campionatos da SM-sarja: 1985, 1986, 1987, 1988, 1990, 1991, 1992 e 1993 4 medallas de prata da SM-sarja: 1983, 1989, 1994 e 1995 4 medallas de bronce da SM-sarja: 1984, 1999, 2000 e 2001 1 bronce nos Xogos Olímpicos: 1998 6 bronces no Campionato do Mundo: 1990, 1992, 1994, 1997, 1999 e 2000 4 ouros no Campionato de Europa: 1989, 1991, 1993 e 1995 1 bronce no Campionato de Europa:''' 1996
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Tampere Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset Categoría:Adestradoras e adestradores do Ilves Naiset Categoría:Personalidades do salón da fama do hóckey sobre xeo (Finlandia)