miniatura| Elizabeth Donnelly, CEO de WES, con motivo da presentación dunha tuneladora que leva o nome da fundadora de WES, Rachel Parsons A Women's Engineering Society (WES) é unha sociedade académica e profesional do Reino Unido e un organismo de networking para mulleres enxeñeiras, científicas e tecnólogas. Foi o primeiro organismo profesional creado por mulleres que traballaban en todas as áreas da enxeñería, anterior á Sociedade de Mulleres Enxeñeiras (SWE) nuns 30 anos.

Historia A sociedade formouse o 23 de xuño de 1919, despois da primeira guerra mundial, período no cal moitas mulleres asumiron funcións como enxeñeiras para substituír os homes que participaban na guerra.Aínda que se considerou necesario incorporar ás mulleres á enxeñería para encher o baleiro deixado polos homes que se unían ás forzas armadas, o goberno, os empregadores e os sindicatos opoñíanse ao mantemento do seu emprego despois da guerra. A Lei de Restauración das Prácticas de Antes da Guerra de 1919 devolveulles aos soldados que regresaban da primeira guerra mundial os seus traballos de antes da guerra e supuxo que moitas mulleres xa non poderían traballar nos roles para os que foran empregadas durante a guerra.

Isto levou a un grupo de sete mulleres, Lady Katharine Parsons, a súa filla Rachel Parsons, Lady Margaret Moir, Laura Annie Willson, Eleanor Shelley-Rolls, Janetta Mary Ornsby e Margaret Rowbotham a formar a Women's Engineering Society, co obxectivo de permitir que as mulleres obteñan capacitación, traballos e aceptación. A primeira secretaria da Sociedade foi Caroline Haslett.

As primeiros membros das décadas de 1920 e 1930 foron Verena Holmes, Hilda Lyon e Margaret Partridge. A piloto e enxeñeira, Amy Johnson, que foi a primeira muller en voar en solitario do Reino Unido a Australia, foi membro do WES e exerceu como presidenta entre 1935 e 1937. Un rexistro de membros de 1935 mostra que había persoas de todo o mundo, como os Estados Unidos de América, incluíndo a socióloga e enxeñeira industrial Lillian Gilbreth, e Alemaña, incluíndo Asta Hampe e Ilse Knot-ter Meer.

A sociedade celebrou o seu 95 aniversario en 2014 co lanzamento do Día Internacional da Muller en Enxeñería o 23 de xuño de 2014. Celebrou o seu centenario en 2019 coa posta en marcha do WES Centenary Trail, un proxecto para poñer en valor as historias de mulleres enxeñeiras.

Presidentas

Membros históricos notables

Notas

Categoría:Organizacións de mulleres