Percy Henry Webb, nado en Hampshire en 1856 e finado en Walton-on-Thames, Surrey o 4 de marzo de 1937, foi un numismático británico especializado na moeda do Imperio Romano.
Foi presidente da Royal Numismatic Society, entidade á que estivo vinculado desde 1901 ata a súa morte.
Traxectoria Percy H. Webb procedía dunha familia con varias xeracións de arqueólogos e arquitectos. Educouse en Malborough e posteriormente graduouse en Dereito. Exerceu como avogado no distrito londiniense de Smithfield durante máis de cinco décadas.NC (1937). Páxina 21."Percy H Webb". The British Museum.
Web foi desde a súa xuventude un coleccionista de moedas do Imperio Romano e un estudoso da moeda desta época, sinaladamente das cuñaxes do século II. O seu traballo principal foi o tomo V da obra The Roman Imperial Coinage, publicada en dous volumes en 1927 e 1933, con Harold Mattingly e Edward Sydenham como coeditores.NC (1937). Páxina 22.Véxase "Publicacións".Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). Páxinas 27, 30, 33, 35, 74..
A súa traxectoria como numismático estivo moi vinculada á Royal Numismatic Society, de Londres, na que ingresou en 1901. Nesta sociedade accedeu ao cargo de tesoureiro en 1906 e ocupou a súa presidencia en dous períodos: 1930-1935 e 1936-1937."Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
Webb foi un destacado colaborador no Congreso Internacional de Numismática que tivo lugar en Londres en 1936, organizado pola Royal Numismatic Society.NC (1937). Páxina 23.Allan, J.; Mattingly, H.; Robinson, E. (1938). Transactions of the International Numismatic Congress: organized and held in London by the Royal Numismatic Society, June 30-July 3, 1936, on the occasion of its centenary. B. Quaritch Ltd. Londres.
Entre outras entidades académicas e asociativas, Webb foi tamén un colaborador activo da Sociedade Arqueolóxica de Surrey, de cuxo consello directivo formou parte,"Surrey Archaeological Society: Council". En Surrey archaeological collections. Vol. 34 (1924). Páxina XIV. e da Sociedade Arqueolóxica de Sussex.
Percy H. Webb faleceu o 4 de marzo de 1937 na súa residencia, The Garden, en Walton-on-Thames, Surrey, aos 81 anos.Comunicación do seu falecemento: The London Gazette. 2 de xullo de 1937. Páxina 4.294.
Recoñecementos
Honras Durante a primeira guerra mundial, Webb traballou para prestar axuda legal aos refuxiados belgas, o que lle valeu a concesión da medalla do rei Alberte de Bélxica.
Por outros méritos na guerra foi nomeado membro da Orde do Imperio Británico e recibiu o recoñecemento do Goberno de Nova Zelandia.
Premios
(1921): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
Publicacións Ademais do seu traballo monográfico no que cataloga a moeda imperial romana entre Valeriano (253-260) e o rebelde galo Amando (finais do século III), Webb publicou en Numismatic Chronicle diversos artigos acerca da numismática dese período, dos que aquí se recollen os máis salientables:"Webb, Percy H. 1856-1937". WorldCat Identities."Webb, Percy Henry 1856-1937 ". Digital Library Numis.
Monografías
(1927). The Roman imperial coinage. Vol V. Part 1: Valerian to Florian. Spink, Londres.Ficha do libro: Worldcat.org (1933). The Roman imperial coinage. Vol V. Part 2. Probus to Amandus. Spink, Londres.Ficha do libro: Worldcat.org
Artigos en Numismatic Chronicle
(1907). "The reign and coinage of Carisius, A.D. 287-293". NC, 4ª serie. Vol. 7. páxinas 1-88. Parte II (páxinas 156-218); Parte III (páxinas 291-338); Parte IV (páxinas 373-428).
(1906). "The coinage of Allectus". NC, 4ª serie. Vol. 6. Páxinas 127-171. (1910). "The coinage of the reign of Julian the Philosopher". NC, 4ª serie. Vol. 10. Páxinas 238-250. (1915). "Overstrikes of Carisius". NC, 4ª serie. Vol. 15. Páxinas 135-136. (1919). "The reform of Aurelian". NC, 4ª serie. Vol. 19. Páxinas 235-243. (1920). "The Alexandrian Mint". NC, 4ª serie. Vol. 20. Páxinas 208-215. (1921). "Third cebtury Roman mints and marks". NC, 4ª serie. Vol. 1. Páxinas 226-293. (1929). "The pre-reform coinage of Diocletian and his colleagues". NC, 4ª serie. Vol. 9. Páxinas 191-217.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8 NC (1937). "Proceeedings of the Royal Numismatic Society", Numismatic Chronicle. 5ª serie. Vol. XVII. Páxinas 9, 21-23.
Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en Hampshire Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Coleccionistas Categoría:Orde do Imperio Británico Categoría:Personalidades sen imaxes