O oso pardo do Ussuri (Ursus arctos lasiotus) é unha subespecie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, unha das varias integradas na especie Ursus arctos.Ursus arctos lasiotus Gray, 1867 no MSW.
É un dos osos pardos máis grandes, un oso pardo do Ussuri moi grande pode achegarse ao tamaño do oso Kodiak (Ursus arctos middendorffi).
Taxonomía Descrición A subespecie foi descrita en 1867 polo naturalista e zoólogo inglés John Edward Gray, no seu traballo: Gray, J. E. (1867): "Note on Ursus lasiotus, a hairy-eared bear from North China". Annals and Magazine of Natural History. Ser. 3. 20 (118): 301.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a subespecie foi coñecida polos sinónimos:
U. a. baikalensis Ognev, 1924 U. a. cavifrons (Heude, 1901) U. a. ferox Temminck, 1844 U. a. macneilli Lydekker, 1909 U. a. melanarctos Heude, 1898 U. a. yesoensis Lydekker, 1897
Características É moi semellante ao oso pardo de Kamchatka (Ursus arctos beringianus), aínda que ten un cranio máis alongado, unha fronte menos elevada, os ósos nasais algo máis longos e os arcos cigomáticos menos separados, e é de cor algo máis escura, sendo algúns individuos completamente negros, feito que unha vez levou á especulación, agora refutada, de que os individuos negros eran híbridos de osos pardos e osos negros asiáticos. Os machos adultos teñen cranios que miden 38,7 cm de longo e 23,5 cm de largo. Ocasionalmente poden alcanzar tamaños maiores que os seus homólogos de Kamchatka: o cranio máis grande medido por Sergej Ognew (1931) era só lixeiramente máis pequeno que o do oso Kodiak (a subespecie máis grande de osos pardos) rexistrado naquel momento.
Distribución xeográfica Encóntranse en Asia: no krai de Ussuri (nome non oficial para unha parte do krai de Primorie e do krai de Khabarovsk), na illa de Sakhalin, no óblast de Amur, nas illas Shantar, nas illas Iturup e Kunashir (ambas as dúas nas illas Kuriles), no nordeste da China, na península de Corea e en Hokkaido (Xapón).ZipCodeZoo .Heptner, V. G. & N. P. Naumov, editors (1998): Mammals of the Soviet Union. Vol. II Part 1, Sirenia and Carnivora (Sea Cows, Wolves and Bears). Enfield, Connecticut, USA: Science Publishers, Inc. ISBN 1-8861-0681-9.
Até o século XIII estes osos habitaban as illas de Rebun e Rishiri, tras cruzar o estreito de La Pérouse para alcanzalas.『野生動物調査痕跡学図鑑』 p. 356.. Tamén estiveron presentes en Honshu durante o último período glacial, pero posiblemente foron levados á extinción quizais competindo co outros osos asiáticos.坪田敏男, 山崎晃司, 2011, 日本のクマ: ヒグマとツキノワグマの生物学, University of Tokyo Press.
Alimentación Aínda que a dieta dun oso pardo do Ussuri é principalmente vexetariana, é un gran depredador, sendo capaz de matar calquera presa. En Hokkaido come mamíferos grandes e pequenos, peixes, aves e insectos (por exemplo, formigas).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Wilson, Don E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Ligazóns externas ITIS. Encyclopedia of Life. BioLib. Denning ecology of brown bears and Asiatic black bears in the Russian Far East. Bears of the World .
Categoría:Animais descritos en 1867 Categoría:Mamíferos de Asia