O sepia é unha cor marrón escura e de saturación débil, que corresponde á coloración do pigmento obtido da tinta da sepia, xiba ou choco, un cefalópodo mariño. No recadro grande dáse unha mostra da coloración específica deste pigmento.
Historicamente, para a obtención do pigmento sepia preferiuse a sepia común (Sepia officinalis), que se pescaba no mar Adriático e cuxa tinta utilizouse desde polo menos a antiga Roma.«sepia (ink)», Art & Architecture Thesaurus® Online, J. Paul Getty Trust, 2004, consultado o 17 de xuño de 2012. A «tinta» da sepia é unha secreción negra castaña que o animal retén nun órgano especial en forma de bulsa. Expúlsaa en caso de ameaza co fin de escurecer a auga e confundir os seus depredadores. Contén eumelanina pura, moi pouco soluble en auga, aínda que si en alcol, de cheiro intenso a peixe.
Obtención e usos thumb|left|Bufo voando contra un ceo iluminado pola lúa, obra en sepia e lapis de Caspar David Friedrich, c. 1836–37 thumb|Espaguetes elaborados con tinta de sepia
Para uso pictórico Para obter o pigmento, tras pescar a sepia —que tamén é comestible— os sacos de tinta póñense a secar ao sol colgados dunha corda (maneira na que logo é comercializada). Para pintar con este produto é posible desfacer as bulsas de tinta secas e mesturar o po pigmentado resultante co medio pictórico que se desexe empregar. Mais conséguese unha cor de mellor calidade con outro procedemento tradicional, que consiste en ferver os sacos de tinta secos con amoníaco ou álcali, cos que o pigmento se disolve, separándose do receptáculo da tinta. Logo cóase para eliminar todo fragmento de tecido animal e precipítase con ácido clorhídrico nun filtro, tras o cal lávase e sécase.
O pigmento de tinta de sepia é bastante resistente á luz e úsase en acuarelas, para veladuras e como tinta. A partir do Renacemento, o seu uso como tinta de debuxo foi particularmente popular, logo desde finais do século XVIII e principios do século XIX desprazou en parte o bistre e a tinta chinesa como medio para realizar traballos á augada.
Para uso culinario A tinta de sepia úsase tamén —sen ningún tratamento previo á cocción— na cociña mediterránea, xa sexa a modo de prebe ou para corar a pasta.
Pigmentos substitutos Actualmente, a cor sepia para pintura artística acostuma elaborarse con mesturas diversas de pigmentos orgánicos e inorgánicos que imitan a coloración do pigmento de tinta de sepia. As pinturas comercializadas como «sepia» son rubias ou roxas, de negrexidas a semiescuras e de saturación semineutra a débil. Debaixo pode verse o aspecto dalgunhas coloracións sepia pictóricas, puras e aclaradas con branco. O «marrón sepia» úsase especialmente para pintar á acuarela.
Marrón sepiaSepiaSepia aclaradoHTML#5C5343#524B3B#706340CMYK(75, 70, 75, 0)(80, 75, 80, 0)(65, 60, 80, 0)RGB(92, 83, 67)(82, 75, 59)(112, 99, 64)HSV(38°, 27 %, 36 %)(42°, 28 %, 32 %)(44°, 43 %, 44 %)Referencia
En xeral, a cor sepia emprégase en acuarela, tinta, xiz e minas para o debuxo e a augada.
thumb|Nesta fotografía dunha familia da cultura norteamericana nativa sauk, realizada por Frank Rhinehart en 1899, o virado a sepia puido ter tido a finalidade de preservar a imaxe, xa que a temática é altamente testemuñal
Sepia fotográfico O virado a sepia é un procedemento fotográfico que consiste en substituír os grises dunha fotografía en branco e negro por unha tonalidade sepia. Esta técnica usouse desde os primeiros anos da fotografía para mellorar a calidade estética das fotos e tamén para estabilizar as imaxes, retardando a súa degradación.
Unha fotografía revelada sobre papel fotográfico debe ser en branco e negro para poder virarse a sepia, xa que o procedemento depende da transformación dos gránulos de prata ennegrecidos que forman a imaxe. Para producir o cambio de cor, sométese a fotografía a un baño que transforma a prata negra en sulfuro de prata.
En particular, o virado a sepia foi moi utilizado polo movemento pictorialista, que buscaba outorgar ás fotografías un aspecto pictórico, é dicir, similar ao de dunha obra de arte plástica realizada mediante técnicas tradicionais de pintura.
As cámaras fotográficas dixitais actuais adoitan ter a capacidade de virar as fotos a sepia automaticamente, aínda que tamén se poden virar as imaxes despois de capturadas mediante programas de edición dixital.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de cores
Categoría:Cores Categoría:Pigmentos Categoría:Fotografía