Irene Sandra Lourido Loureiro, máis coñecida como Irene Lourido, nada en Pontevedra o 6 de outubro de 1976, é unha xornalista de televisión e profesora universitaria galega.

Traxectoria miniatura|Presentando Os mundos de agora co autor, Lois Oreiro. Libraría Paz de Pontevedra, novembro 2021|239x239px Estudou no IES Valle Inclán de Pontevedra, licenciouse en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual (especialidade en Dirección e Guión audiovisual) na Universidade de Santiago e Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo. Ten o DEA (o actual mestrado) na Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade, centrado en locución audiovisual.

É profesora asociada do Departamento de Ciencias da Comunicación na USC e dos cursos de verán da UNED.

Comezou na Televisión de Pontevedra (TVP), posteriormente Localia Pontevedra, ata que se incorporou á Televisión de Galicia en 1997, na que leva presentado sobre todo programas informativos, en 2021 os telexornais da fin de semana.

Foi vogal da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual.

É irmá do xornalista Anxo Lourido.

Obra

O lado nobre (2026). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 978-84-1110-819-5. ePub: ISBN 978-84-1110-825-6.

Premios

2025: Premio de novela curta Cidade de Ribeira por O lado nobre do corazón.

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1976 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas de Galicia