O sassarés (cuxo autoglotónimo é sassaresu ou turritanu; en ou tàtaresu) é un lingua italodálmata e unha variedade de transición entre o sardo e o corso. É considerada unha lingua corso–sarda polas ligazóns históricas de Sassari coa Toscana e a proximidade xeográfica a Córsega. Malia as fortes influencias sardas (en termos de vocabulario e fonoloxía, así como a sintaxe), aínda mantén as súas raíces corsas (e polo tanto toscanas), o que o relaciona directamente co gallurés; este último é considerado lingüísticamente un dialecto do corso malia a súa localización xeográfica, aínda que esta afirmación non está exenta de polémica. Ten moitas semellanzas co italiano, e en particular cos antigos dialectos italianos da Toscana. O sassarés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O sassarés é falado por preto de 100 000 persoas, sobre unha poboación total da rexión de 175 000, na costa noroeste de Sardeña. As meirandes comunidades falantes de sassarés atópanse en Sassari, Stintino, Sorso e Porto Torres. As variedades sassaresas de transición co gallurés, coñecidas como dialectos castellanesi, poden escoitarse en Castelsardo, Tergu e Sedini.

Notas

Categoría:Linguas de Sardeña Categoría:Linguas de Italia Categoría:Lingua corsa Categoría:Lingua sarda