Lorin Varencove Maazel , nado en Neuilly-sur-Seine o 6 de marzo de 1930, e finado en Virxinia o 13 de xullo de 2014,Muere el maestro Lorin Maazel foi un director de orquestra, violinista e compositor estadounidense de orixe francesa.
Traxectoria
Maazel naceu en Neuilly-sur-Seine, Francia, de pais estadounidenses xudeus de orixe rusa que moi pronto volveron aos Estados Unidos. Xa de pequeno demostrou uns dotes prodixiosos para a música. Tomou a súa primeira clase de dirección de orquestra aos 7 anos, e debutou aos 8. Con 9, en 1939, xa dirixiu a Orquestra de Interlochen na Feira Mundial de Nova York, así como a Orquestra Filharmónica de Los Ángeles, onde compartiu un programa con Leopold Stokowski. Aos 11, Arturo Toscanini invitouno a dirixir a súa orquestra neoiorquina, e aos 13 xa fixera o propio na Orquestra Filharmónica de Nova York e na Orquestra de Filadelfia. Aos 12 anos efectuou unha xira polos Estados Unidos de América dirixindo as mellores orquestras. Seu debut como violinista foi aos 15 anos de idade. Estudou matemáticas e filosofía na Universidade de Pittsburgh.
Faleceu en Castleton Farms, Virxinia, Estados Unidos, o 13 de xullo de 2014, tras unha complicación dunha pneumonía.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Personalidades da música Categoría:Directores de orquestra dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Neuilly-sur-Seine Categoría:Finados en 2014 Categoría:Finados por pneumonía