Antonio Rueda Muñiz, nado en Asturias en 1901 e finado en San Fernando (provincia de Cádiz) o 27 de xullo de 1983, foi un enxeñeiro agrícola español.
Traxectoria Fillo de Domingo Rueda Mesanza e Oliva Muñiz González. Estudou na Escola Especial de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, rematando en 1931.La Voz de Galicia, 22-1-1931, p. 2. Ingresou no corpo de enxeñeiros agrícolas do Estado en 1933 e foi destinado á sección agronómica de Xaén,El Debate, 1-9-1933, p. 3. e en xaneiro do ano seguinte ao Instituto de Reforma Agraria.El Debate, 7-1-1934, p. 19. En xullo de 1936 era xefe do servizo provincial de Agricultura de Xaén. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado, polo goberno da República, Delegado do Ministerio de Agricultura para a presidencia da Xunta provincial de expropiación de propiedades rústicas da provincia de Xaén.Gaceta de Madrid, 15-10-1936, p. 345. Partidario da entrega das propiedades ás sociedades de campesiños legalmente autorizadas, colaborou coas colectividades rurais. Continuou como xefe do servizo provincial de Agricultura até 1939. Foi investigado ao rematar a guerra.
Foi presidente do Xerez Club Deportivo de 1949 a 1951. Foi enxeñeiro delegado do Servizo de Colonización de Pontevedra nos anos cincuenta e foi nomeado enxeñeiro xefe da Xefatura Agronómica de Pontevedra en febreiro de 1959.El Pueblo Gallego, 21-2-1959, p. 9. Foi Delegado provincial de Pontevedra do Ministerio de Agricultura.El Pueblo Gallego, 29-10-1968, p. 10. Foi fundador e primeiro presidente do grupo filatélico de Pontevedra.La Voz de Galicia, Pontevedra, 30-12-1986, p. 38.
Recoñecementos Encomenda ao Mérito Agrícola, 1962.El Pueblo Gallego, 24-2-1962, p. 14.
Vida persoal Casou con María de los Dolores Crespo Torres e foi pai de Cayetana, Jesús, Domingo, María Victoria, María José, Paloma e José Antonio Rueda Crespo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no PARES
Categoría:Enxeñeiros agrónomos Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Asturias Categoría:Personalidades sen imaxes