Aida Míguez Barciela é unha estudosa da filosofía, pensadora e escritora galega.

Traxectoria Doutora en Filosofía pola Universidade de Barcelona. A súa tese (2008), dirixida por Felipe Martínez Marzoa, virou ao redor dos problemas hermenéuticos na lectura da Ilíada.

Foi profesora asociada na Universidade Pompeu Fabra, investigadora postdoctoral na Universidade Libre de Berlín e profesora visitante na Universidade de Vigo. Na actualidade2021, é profesora na Universidade de Zaragoza de filosofía antiga, helenística e medieval. Especializada en filosofía antiga, o seu traballo de investigación céntrase na hermenéutica dos textos da Antiga Grecia, en especial das grandes obras como a Odisea ou a Ilíada.

Obras La visión de la Odisea (La oficina, 2014) Mortal y fúnebre. Leer la Ilíada (Dioptrías, 2016) Cuando los pájaros cantan en griego (Punto de Vista Editores, 2017) Talar madera. Naturaleza y límite en el pensamiento griego antiguo (La oficina, 2017) El llanto y la polis (La oficina, 2019)

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Zaragoza Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Vigo