Elijah Brigham Bryant, nado o 19 de abril de 1995 en Gwinnett County, Xeorxia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Anadolu Efes SK da Basketbol Süper Ligi turca.
Traxectoria Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2018, Bryant uniuse ós Philadelphia 76ers para xogar a Liga de Verán da NBA de 2018. O 30 de agosto de 2018, Bryant asinou o seu primeiro contrato profesional co Hapoel Eilat BC israelí.
O 23 de xullo de 2019, Bryant asinou un contrato por dúas tempadas co Maccabi Tel Aviv BC. O 10 de maio de 2021, anunciouse a súa marcha do Maccabi para xogar na NBA.
O 13 de maio de 2021, Bryant asinou cos Milwaukee Bucks. Cos Bucks conseguiu o campionato da NBA despois da vitoria de Milwaukee por 4-2 contra os Phoenix Suns nas Finais da NBA de 2021. O 26 de setembro de 2021, Bryant foi cortado polos Bucks, pero asinou de novo tres días máis tarde. O 14 de outubro de 2021, foi cortado de novo polos Bucks.
O 18 de outubro de 2021, Bryant asinou co Anadolu Efes SK da Basketbol Süper Ligi turca.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados no condado de Gwinnett, Xeorxia Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores do Hapoel Eilat BC Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK