Aaron Shawn Holiday, nado o 30 de setembro de 1996 en Ruston, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA). É o irmán máis novo dos tamén xogadores da NBA Jrue Holiday e Justin Holiday.

Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Holiday foi escollido na 23ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Indiana Pacers, e asinou o seu contrato de rookie por tres anos cos Pacers.

O 6 de agosto de 2021, Holiday foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre cinco equipos.

O 10 de febreiro de 2022, Holiday foi traspasado ós Phoenix Suns. En 22 partidos cos Suns acadou 6.8 puntos por encontro.

O 6 de xullo de 2022, Holiday asinou cos Atlanta Hawks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Luisiana Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Houston Rockets