Ruben Samuel Fleischer, nado en Washington, D.C. o 31 de outubro de 1974, é un director e produtor de cine estadounidense que reside na cidade dos Ánxeles. Obtivo sona ao dirixir Zombieland, a súa primeira longametraxe, no 2009. Outras das súas longametraxes inclúen 30 Minutes or Less (2011), Gangster Squad (2013) e Venom (2018). Antes de dirixir longametraxes, Fleischer traballou como director de comerciais e vídeos musicais, traballando con marcas como Cisco, Eurostar, ESPN e Burger King, e con artistas como M.I.A., Electric Six, DJ Format e Gold Chains.

Filmografía

Cine Ano Título Director Produtor 2009 Zombieland 2011 30 Minutes or Less 2013 Gangster Squad 2014 Two Night Stand 2017 Unicorn Store 2018 Venom 2019 Zombieland: Double Tap 2021 Uncharted

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América