miniatura|250px|A SpaceShipOne en terra. SpaceShipOne foi un avión espacial suborbital deseñado pola compañía Scaled Composites, propiedade de Burt Rutan, para gañar o premio X de Ansari.
Características Considerada unha nave experimental, a SpaceShipOne lanzábase desde a aeronave White Knight e propulsábase mediante un foguete con motor híbrido desenvolvido por SpaceDev alimentado por óxido nitroso e HTBD. Na cabina presurizada había espazo para tres tripulantes e a nave podía chegar aos 100 km de altura. Para a reentrada as súas alas inclinábanse cara a arriba para estabilizar a nave e reentrar coa parte inferior da nave por diante. Para a aterraxe as ás volvían á configuración inicial, como nunha aeronave convencional.
A finalidade da nave era abrir o camiño ao turismo espacial con voos suborbitais, aínda que ela mesma nunca transportou turistas e tódolos voos adicáronse a probar os sistema da nave e novas técnicas. O primeiro voo, sen propulsión, tivo lugar o 8 de agosto de 2003. A nave chegou ao límite do espazo, a 100 km de altura, por primeira vez o 21 de xuño de 2004, co piloto Mike Melvill aos mandos, convertendo a SpaceShipOne no primeiro voo suborbital privado en chegar a esa altura. A nave gañou o Premio X ao facer un voo 29 de setembro de 2004 seguido doutro o 4 de outubro, dentro das dúas semanas estipuladas nas condicións para conseguir o premio. En total a nave voou con propulsión seis veces, todas lanzada desde o espazoporto de Mojave, en California. Sucedeuna a SpaceShipTwo, propiedade de Virgin Galaxy, para comezar os voos espaciais suborbitais comerciais.
Historial de lanzamentos
VooDataResultadoNotas117 de decembro de 2003ÉxitoAltura de 20,7 km, velocidade de 1,2 Mach.28 de abril de 2004ÉxitoAltura de 32,0 km, velocidade de 1,6 Mach.313 de maio de 2004ÉxitoAltura de 64,4 km, velocidade de 2,5 Mach.421 de xuño de 2004ÉxitoAltura de 100,1 km, velocidade de 2,9 Mach.529 de setembro de 2004ÉxitoAltura de 102,9 km, velocidade de 2,9 Mach.64 de outubro de 2004ÉxitoAltura de 111,9 km, velocidade de 3,1 Mach.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos SpaceShipTwo
Categoría:Astronáutica