O Tenerife Amigos del Baloncesto, coñecido popularmente como Tenerife Nº 1 por motivos de patrocinio, foi un club profesional de baloncesto español da cidade de Santa Cruz de Tenerife que existiu entre 1986 e 1994, período durante o cal conseguiu xogar dúas temporadas na Liga ACB. En 1994 fusionouse co Canarias, nacendo o CB Tenerife Canarias, que desaparecería definitivamente dous anos despois en 1996.

Historia Ao comezo da temporada 1986−87, o Real Club Náutico de Tenerife, que militaba na 1ª Dvisión B, non puido continuar mantendo o orzamento dun equipo semiprofesional de baloncesto. Pensando no historial do club, Enrique Alfonso formou unha xunta directiva que cos dereitos cedidos e formou o Tenerife Asociación de Baloncesto. Con Moncho Monsalve e Felipe Coello como adestradores e un elenco de xogadores locais xunto a un par de estadounidenses formado por Marty Embry e Lance Berwald conseguiu a permanencia ao obter o primeiro posto do Grupo B2. Con todo, o club sofre a desgraza da morte por accidente de tráfico de tres xogadores do equipo: Juan Carlos Delgado, Carmelo García González e Carmelo Javier Calero Martín. Na temporada 1987−88, aínda con Moncho Monsalve de adestrador e a incorporación de varios xogadores nacionais, conseguiuse o ascenso, por invitación, á Liga ACB, despois de ficar en terceiro lugar na liga regular e en sexto posto no playoff de clasificación final.

As seguintes dúas tempadas xogaríaas na Liga ACB quedando na primeira dela na posición número 22 e o segundo ano na posición 24. Este último ano o club descendería sendo o pechacancelas. Durante estas dúas temporadas o equipo tinerfeño coincidiu na máxima competición nacional co Canarias e o Gran Canaria, sendo as temporadas con maior número de equipos canarios no máximo nivel do baloncesto nacional e estando representadas o tres cidades máis poboadas do arquipélago: As Palmas de Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de la Laguna. En 1993 compra a praza doutro club canario, o Club Baloncesto San Isidro de La Orotava para seguir competindo en 1ª Nacional B, despois de perder a categoría ese ano na liga. O equipo desaparecería en 1996 tras crear co Canarias e outros clubs da illa o Tenerife Club de Baloncesto.

Xogadores Destacados

José Manuel Beirán Juanfra Garrido Francisco Javier Herrera Arturo Seara Andrés Valdivieso Tony Dawson Tom Gneiting Lemone Lampley Otis Howard Bobby Lee Hurt John Washington

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1986–87 21ª División B 13º 17–171987–88 21ª División B6º 27–161988–89 1ACB 22º 15–29Primeira rolda1989–90 1ACB24º 13–32Primeira rolda1990–91 21ª División13º 17–261991–92 32ª División 1992–93 21ª División30º 9–211993–94 21ª División 19º 21–91994–95 2EBA 1º 24–21995–96 2EBA 5º 18–12

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil do Tenerife Nº 1 en Basketball Reference

Tenerife AB Tenerife AB Categoría:Deporte en Santa Cruz de Tenerife