miniatura|Unha enquisa da BBC de 2016 en varios países na que se preguntou cal era o factor máis determinante na propia identidade. Corea do Sur ten a proporción máis alta dada para "raza ou cultura", cun 23%. O nacionalismo étnico coreano ou nacionalismo racial coreano,Gi-Wook Shin, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy (Stanford University Press, 2006), p. 223. é unha ideoloxía política e unha forma de identidade étnica (ou racial) que está amplamente estendida en Corea do Sur e do Norte. Baséase na crenza da teoría do sangue puro coreano, segundo a cal os coreanos forman unha nación, unha raza e un grupo étnico que comparte unha liñaxe unificada e unha cultura diferenciada.Gi-wook Shin, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy (Stanford University Press, 2006), p. 2. Céntrase na noción do minjok (en ), un termo que foi acuñado no Xapón imperial ("minzoku") a comezos da era Meiji. Minjok foi tradución como "nación", "pobo", "grupo étnico", "raza" e "raza-nación".
Este concepto xurdiu entre os intelectuais coreanos despois do protectorado imposto polos xaponeses no ano 1905,Andre Schmid, Korea Between Empires, 1895-1919 (Nova York: Columbia University Press, 2002), p. 174. cando os xaponeses tentaban persuadir aos coreanos de que ambas nacións eran parte da mesma liñaxe racial. A noción do minjok coreano foi popularizada polo ensaísta e historiador Shin Chaeho na súa obra Doksa sillon (1908), unha historia de Corea dende os tempos míticos de Dangun até a caída de Balhae en 926. Shin retratou o minjok como unha raza belicosa que loitara valentemente para preservar a identidade de Corea, que máis tarde esmorecera e que agora precisaba ser revitalizada.Sheila Miyoshi Jager, Narratives of Nation Building in Korea (2003), pp. 15-16; Andre Schmid, "Rediscovering Manchuria" (1997), p. 32. Durante o período de goberno xaponés (1910–1945), esta crenza na unicidade do minjok coreano deu forza aos movementos de resistencia contra os xaponeses e as súas políticas de asimilación.Hyung-il Pai, Constructing "Korean" Origins: A Critical Review of Archaeology, Historiography, and Racial Myth in Korean State-Formation Theories. Cambridge: Harvard University Asia Center, distributed by Harvard University Press, 2000), p. 1.
En contraste co Xapón e Alemaña, onde tales concepcións da nación baseadas na raza foron desacreditadas despois da segunda guerra mundial porque estaban asociadas co ultranacionalismo ou co nazismo,Comparison with Japanese "ultranationalism": Andre Schmid, Korea Between Empires, 1895-1919 (Nova York: Columbia University Press, 2002), p. 277. Comparison with Germany and Nazism: Shin Gi-wook, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy (2006), p. 19. as Coreas do Norte e do Sur posteriores á guerra continuaron a proclamar a súa homoxeneidade étnica e liñaxe pura.Ethnic pride source of prejudice, discrimination , Gi-Wook Shin, Asia-Pacific Research Center of Stanford University, 2 de agosto de 2006 Na década de 1960, o presidente surcoreano Park Chung-hee fortaleceu esta "ideoloxía de pureza racial" para lexitimar o seu goberno autoritario,Nadia Y. Kim, Imperial Citizens: Koreans and Race from Seoul to L.A. (Stanford: Stanford University Press, 2008), p. 25. mentres que a propaganda oficial en Corea do Norte retratou aos coreanos como "a raza máis limpa."B.R.Myers, The Cleanest Race: How North Koreans See Themselves and Why It Matters (Melville House, 2010), .North Korea's official propaganda promotes idea of racial purity and moral superiority , UC Berkeley News, 19 de febreiro de 2010. Os historiadores coreanos contemporáneos continúan a escribir sobre a "herdanza racial e cultural únicas" da nación.Hyung-il Pai, Constructing "Korean" Origins (2000), p. 6. Esta concepción compartida dunha Corea definida racialmente continúa dando forma á política e ás relacións exteriores de Corea, dá aos coreanos un pulo no seu orgullo nacional,Gi-wook Shin, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy (2006), pp. 1-3. e alimenta as esperanzas da reunificación das dúas Coreas.Gi-wook Shin, Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy, chapter 10: "Ethnic Identity and National Unification" (pp. 185-203).
A pesar das estatísticas que demostran que Corea do Sur está a converterse nunha sociedade cada vez máis multiétnica, a maioría da poboación surcoreana segue identificándose como "un pobo" (; Hanja: 單一民族, danil minjok) unido por unha "liña de sangue" común. Unha renovada énfase na pureza do "sangue" coreano causou tensións, levando a renovados debates sobre o multietnicidade e o racismo tanto en Corea do Sur como no estranxeiro.
En Corea do Sur, o nacionalismo racial coreano foi descrito como unha especie de relixión civil.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Campbell, E. (2015), The end of ethnic nationalism? Changing conceptions of national identity and belonging among young South Koreans. Nations Natl, 21: 483–502. doi:10.1111/nana.12120. Chae, Ou-Byung. "Non-Western Colonial Rule and its Aftermath: Postcolonial State Formation in South Korea." Ph.D. dissertation, Department of Sociology, University of Michigan. ProQuest, 2006. Grinker, Roy Richard. Korea and its Futures: Unification and the Unfinished War. Palgrave Macmillan, 2000. Jager, Sheila Miyoshi. Narratives of Nation-Building in Korea: A Genealogy of Patriotism. M.E. Sharpe, 2003. Kim, Nadia Y. Imperial Citizens: Koreans and Race from Seoul to LA. Stanford: Stanford University Press, 2008. Lee Gage, Sue-Je. "Pure Mixed Blood: The Multiple Identities of Amerasians in South Korea." Ph.D. dissertation, Department of Anthropology, Indiana University. ProQuest, 2007. Pai, Hyung Il. Constructing "Korean" Origins: A Critical Review of Archaeology, Historiography, and Racial Myth in Korean State-Formation Theories. Harvard University Asia Center, 2000. Pai, Hyung Il e Timothy R. Tangherlini (eds.). Nationalism and the Construction of Korean Identity. Institute of East Asian Studies, University of California, 1998. Schmid, Andre. Korea Between Empires, 1895-1919. Columbia University Press, 2002. Shin, Gi-Wook e Michael Robinson (eds.). Colonial Modernity in Korea. Cambridge, MA: Harvard University East Asia Center, distributed by Harvard University Press, 2001. Shin, Gi-Wook. Ethnic Nationalism in Korea: Genealogy, Politics, and Legacy. Stanford: Stanford University Press, 2006.
Categoría:Nacionalismo coreano Categoría:Etnocentrismo