Echinorhinus cookei é unha especie de peixe elasmobranquio selaquimorfo da superorde dos escualiformes, unha das dúas incluídas no xénero Echinorhinus, o único da familia monotípica dos equinorrínidos.Echinorhinus cookei Pietschmann, 1928 no WoRMS. Consultado o 9 de setembro de 2021.Echinorhinus cookei Pietschmann, 1928 en FishBase. Consultada o 9 de setembro de 2021.Echinorhinus cookei Pietschmann, 1928 no ITIS. Consultado o 9 de setembro de 2021.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1928 polo ictiólogo austríaco Viktor Pietschmann, en dúas publicacións distintas: unha breve en alemán, publicada en 1928 na Anzeiger der Akademie der Wissenschaften in Wien e outra máis detallada, en inglés, publicada en 1930 nos Bishop Museum Bulletins.Pietschmann, V. (1928): "Neue Fischarten aus dem Pazifischen Ozean". Anzeiger der Akademie der Wissenschaften in Wien 65 (27): 297–298.Pietschmann, V. (1930): "Remarks on Pacific fishes". Bishop Museum Bulletins 73: 1–244.

Etimoloxías Para a do xénero, véxase Echinorhinus. O epíteto específico, cookei, foi unha homenaxe que Pietschmann lle fixo a C. Montague Cooke Jr., un malacólogo do Bishop Museum.

Nota taxonómica Echinorhinus cookei foi identificado (mal) como Echinorhinus brucus e referido como tal na bibliografía científica até 1960, cando Jack Garrick redescribiu a especie. Dado que se perdeu o holotipo orixinal de Kauai, Hawai, Garrick designou un macho de 2,0 m de lonxitude de Palliser Bay, Nova Zelandia como a nova especie tipo.Garrick, J. A. F. (1960): "Studies on New Zealand Elasmobranchii. Part X. The genus Echinorhinus, with an account of a second species, E. cookei Pietschmann, 1928, from New Zealand waters" (PDF). Transactions of the Royal Society of New Zealand 88 (1): 105–117.

Características

Hábitat e distribución Hábitat Echinorhinus cookei é unha especie mariña, bentopeláxica, que vive entre os 11 e os 1 100 m de profundidade.Cox, G. & M. Francis (1997): Sharks and rays of New Zealand. Canterbury Univ. Press.

Distribución Distribúese polo Pacífico subtropical, entre os 47° N e os 55° S, e entre os 119° L e os 68° O.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Compagno, L. J. V. (1984): FAO species catalogue. Vol. 4. Sharks of the world. An annotated and illustrated catalogue of shark species known to date. Part 1. Hexanchiformes to Lamniformes. Roma. FAO. ISBN 9-2510-1384-5. Compagno, L. J. V. & Dando, M.; Fowler, S. (2005): Sharks of the World. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2072-0.

Outros artigos Escualiformes Equinorrínidos

Categoría:Escualiformes