O KLKB1 é un xene que nos humanos está situado no cromosoma 4 e que codifica a proteína encimática calicreína plasmática (), que tamén recibe, entre outros, os nomes de calicreína sérica, calicreína B1 e calicreína B. Este encima cataliza a seguinte reacción química: corte selectivo dalgúns enlaces peptídicos nos que interveñen a arxinina ou a lisina no cininóxeno humano, incluíndo os enlaces lisina-arxinina e arxinina-serina para liberar bradicinina.
Este encima fórmase a partir da precalicreína plasmática (factor de Fletcher) por acción do factor XIIa.
Función A precalicreína plasmática é unha glicoproteína que participa na activación dependente de superficie da coagulación do sangue, fibrinólise, xeración de cininas e inflamación. Sintetízase no fígado e segrégase ao sangue como unha soa cadea polipeptídica. A precalicreína plasmática convértese en calicreína plasmática pola acción do factor XIIa polo corte dun enlace interno Arg-Ile. A calicreína plasmática, por tanto, está composta por unha cadea pesada e unha lixeira unidas por unha ponte disulfuro. A cadea pesada orixínase a partir do extremo amino terminal do cimóxeno e contén 4 repeticións en tándem de 90 ou 91 aminoácidos. Cada repetición contén unha estrutura peculiar chamada dominio mazá. A cadea pesada é necesaria para a actividade procoagulante dependete de supericie da calicreína plasmática. A cadea lixeira contén o sitio activo ou dominio catalítico do encima e é homóloga da familia da tripsina de serina proteases. A deficiencia en precalicreína plasmática causa unha activación prolongada do tempo de tromboplastina parcial nos pacientes. O empalme alternativo orixina múltiples variantes de transcrición que codifican diferentes isoformas
Interaccións
A KLKB1 (calicreína plasmática) presenta interaccións co cininóxeno de alto peso molecular.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Calicreína, un grupo de encimas que cortan enlaces peptídicos nas proteínas
Ligazóns externas
Categoría:Proteínas sanguíneas