O bus Spacebus 300 é un tipo de bus para satélites fabricado en Francia.
Características O bus Spacebus 300 está pensado para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria. Estabilízase nos tres eixos e utiliza un sistema de propulsión bipropelente con ata 1220 kg de propelente e 392 N de pulo. Para o control de actitude usa tamén volantes de inercia. Cunha masa de 1318 kg, pode levar unha carga útil de 250 kg. As súas dimensións son de 7,10 m de altura e unha envergadura cos paneis solars despregados de 19,30 m, producindo ata 3 kW de potencia. Está dispoñible desde 1987 e usouse en cinco satélites: TDF 1, TDF 2, Tele-X, TV-Sat 1 e TV-Sat 2.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Spacebus 100
Categoría:Satélites artificiais