Hemse é unha área urbana (tätort) no condado de Gotland situado a uns 50 quilómetros ao sur de Visby. Hemse é a segunda localidade máis grande da illa tras a capital con 1 766 habitantes no ano 2020, sendo o principal núcleo de poboación do sur de Gotland. Xeografía Hemse é o nome da localidade que rodea a igrexa medieval de Hemse, area que tamén é coñecida como Hemse kyrkby. Tamén é o nome do socken e do distrito na que está situada. Hemse atópase na parte central do sur de Gotland, sendo un importante nó de comunicacións nesta parte da illa. A estrada 142, que une Visby e Burgsvik, atravesa a localidade de norte a sur, e a 141 únea con Klintehamn no leste.
Historia A presente igrexa de Hemse é un edificio de estilo románico construído principalmente durante o século XIII. Esta igrexa ergueuse sobre unha igrexa de madeira previa que se trata da stavkirke mellor conservada de Suecia e atópase no presente no Museo Histórico de Estocolmo.
No ano 1863 estableceuse unha oficina de correos na localidade, e en 1878 inaugurouse a liña de ferrocarril entre Hemse e Visby. En 1876 creouse a Gotlands läns folkhögskola no socken de Atlingbo, pero en 1881 esta trasladouse a Hemse, pasando a chamarse Gotlands folkhögskola. Ata o ano 1891 os seus estudos impartíanse en locais prestados pero ese ano construíuse un edificio propio que no presente aínda é parte da institución.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Condado de Gotland