Margherita Hack, nada en Florencia o 12 de xuño de 1922 e finada en Trieste o 29 de xuño de 2013, foi unha astrofísica, divulgadora científica e activista italiana.
Traxectoria O seu pai Robert Hack, era un contador de orixe suíza e de relixión protestante. A súa nai, María Luisa Pogessi, toscana, era católica e graduada da academia de belas artes e, miniaturista na galería dos Uffizi. Ambos foron membros da Sociedade Teosófica italiana, da que Robert chegou a ser presidente.
Despois de completar os seus estudos (aínda que non realizou os exames debido á segunda guerra mundial) no Liceo Classico "Galileo" en Florencia, graduouse en Física en 1945 cunha cualificación de 101/110 cunha tese de Astrofísica das Cefeidas, realizada no Observatorio de Arcetri da Universidade de Florencia, durante a dirección de Giorgio Abetti, quen se convertería para ela nun modelo científico, docente e de xerencia dun centro de investigación científica.
Na súa mocidade foi campioa en salto de altura e salto de lonxitude. En febreiro de 1944 casou con Aldo De Rosa na igrexa de San Leonardo de Arcetri.
Morreu o 29 de xuño de 2013, á idade de noventa e uns anos no hospital de Cattinara en Trieste, no que foi hospitalizada por problemas cardíacos; desde había uns dous anos presentaba problemas respiratorios e de motricidad.Addio Margherita Hack, una vita controcorrente guardando le stelle
Actividade científica Foi profesora titular de astronomía na Universidade de Trieste desde 1964 até o 1 de novembro de 1992, ano da súa xubilación. Foi a primeira muller italiana en dirixir o Observatorio Astronómico de Trieste; desde 1964 até 1987, levándoo a obter renome internacional.
Membro de importantes sociedades de física e astronomía, Margherita Hack tamén foi directora do Departamento de Astronomía da Universidade de Trieste desde 1985 até 1991 e desde 1994 até 1997. Foi membro da Accademia Nazionale dei Lincei (socia nacional da clase de ciencias físicas, matemáticas e naturais; segunda categoría: astronomía, xeodesia, xeofísica e aplicacións; sección A: Astronomía e aplicacións). Traballou para numerosos observatorios estadounidenses, europeos e estatais por longo tempo como membro do grupo de traballo da Axencia Espacial Europea e da NASA. En Italia, despois dunha intensa actividade de fomento, logrou que a comunidade astronómica italiana expandise a súa actividade mediante o uso de varios satélites, alcanzando así un nivel de renome internacional.
Publicou numerosos artigos orixinais en revistas internacionais, así como libros, tamén populares a nivel universitario. Recibiu os premios Targa Giuseppe Piazzi (1994) e premio internacional Cortina Ulisse (1995) polas súas investigacións científicas.
En 1978 fundou a revista bimensual L'Astronomia cuxo primeiro número saíu en novembro de 1979; posteriormente xunto a Corrado Lamberti, dirixiu a revista de divulgación científica e de cultura astronómica Lle Stelle''.Pagina Storica de "Le Stelle" dereita|miniatura|240x240px|Margherita en 2007 nunha conferencia da UAAR.
Recoñecementos
27 de maio de 1998, Medalla de Ouro da Orde Italiana do Mérito na Cultura e as Artes. 28 de maio de 2012, Dama Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Francesca Cavallo e Elena Favilli (2017). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN: 978-950-49-5870-3
Ligazóns externas
Margherita Hack, la astrónoma “atea, feminista y vegetariana en una Italia católica, machista y carnívora” no blog Mujeres con Ciencia
Categoría:Nados en Florencia Categoría:Físicos de Italia Categoría:Astrofísicos Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Membros da Accademia Nazionale dei Lincei