Ronald Michael Delany, nado en Arklow o 6 de marzo de 1935, é un atleta irlandés, especialista nas probas de carreira a media distancia. Gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1956 celebrados en Melbourne, na proba de 1500 metros. Posteriormente, gañou a medalla de bronce na mesma proba no Campionato Europeo de Atletismo de 1958, celebrado en Estocolmo.
Delany tamén competiu no Campionato Europeo de Atletismo de 1954 en Berna, e nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma, aínda que con menos éxito nesas ocasións. Retirouse da competición en 1962, conseguindo a súa condición de olímpico máis recoñecido de Irlanda, así como un dos maiores deportistas e embaixadores internacionais na historia do seu país.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ron Delany no Comité Olímpico Internacional
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Atletas olímpicos de Irlanda Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Irlanda Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956