The Toys That Made Us é unha serie documental estadounidense creada por Brian Volk-Weiss. Os primeiros catro episodios da serie estreáronse en Netflix o 22 de decembro de 2017, e os seguintes catro, o 25 de maio de 2018. A serie documental, composta de oito episodios, céntrase en importantes liñas de xoguetes. Os catro primeiros episodios céntranse nos xoguetes de Star Wars, He-Man, Barbie e G.I. Joe, e os seguintes en LEGO, Transformers, Hello Kitty e Star TrekThe Toys That Made Us season two will feature Lego, Star Trek and more, Charlie Hall, polygon.com Publicado o 10 de xaneiro de 2018, Consultado o 8 de febreiro de 2018. estreáronse o 25 de maio de 2018. O 19 de xullo de 2018, anunciouse unha terceira tempada, con episodios baseados nos xoguetes Power Rangers, a loita profesional, My Little Pony e Teenage Mutant Ninja Turtles, e estreouse en Netflix o 15 de novembro de 2019.

En novembro de 2019, Netflix estreou unha serie spin-off, The Movies That Made Us, centrándose no desenvolvemento de filmes clásicos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019