Fernan Figueira de Lemos foi un trobador galego do século XIII. Goza de recoñecemento en Monforte de Lemos.

Biografía Polo nome crese que naceu na terra de Lemos e procede dunha familia nobre aveciñada en Portugal en torno ao ano 1280, aparece nun documento de 1285 xunto cun familiar que ostentaba un cargo en Lisboa. António Resende de Oliveira sostén que pode ser a mesma persoa que tiña posesións en Vila Nova de Cerveira contra 1258.

Obra Consérvanse unha cantiga de amor e unha cantiga de amigo, ambas as recollidas no folio 15v do cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Roca, Tareixa (1974): "Fernán Figueira de Lemos". Gran Enciclopedia Galega. Santiago-Xixón: Silverio Cañada. Tomo 12, p. 16.

Categoría:Trobadores en galego-portugués