A Supercopa de Europa 2021 foi a 46ª edición da Supercopa da UEFA, un partido de fútbol anual organizado pola UEFA e disputado polos gañadores dos dous principais campionatos de clubs europeos, a UEFA Champions League e a UEFA Europa League. O encontro deste ano contou coa presenza do Chelsea, vencedores da Champions League 2020-21, e mais do Villarreal, campións da Europa League 2020-21. Xogouse no Windsor Park de Belfast en Irlanda do Norte o 11 de agosto de 2021.

O Chelsea proclamouse campión tras vencer por 6–5 nos penaltis despois dun empate a 1 que se mantivo durante o tempo extra, logrando a súa segunda Supercopa de Europa.

Equipos participantes ClubClasificaciónParticipacións previas ChelseaCampións da UEFA Champions League 2020–214 (1998, 2012, 2013, 2019) VillarrealCampións da UEFA Europa League 2020–21Debut En letra negra - campións da edición

Selección da sede thumb|278px|O Windsor Park de Belfast.

O 28 de setembro de 2018 abriuse o proceso de selección da UEFA para escoller as sedes das finais da UEFA Champions League, UEFA Europa League e mais a UEFA Champions League Feminina de 2021. As asociacións tiveron ata o 26 de outubro de 2018 para manifestar o seu interese e ata o 15 de febreiro de 2019 para presentar os seus expedientes.

A UEFA anunciou o 1 de novembro de 2018 que catro asociacións expresaran o seu interese en albergar a Supercopa 2021, e o 22 de febreiro de 2019 que as catro asociacións presentaran os seus expedientes dentro do prazo estabelecido.

+Asociacións interesadas na Supercopa da UEFA 2021 País Estadio Cidade Capacidade Estadio Dinamo Minsk 22.000 Estadio Olímpico Helsinqui 36.000 Windsor Park Belfast 18.434 Estadio Metalist Khárkiv 40.003

O Windsor Park acabou sendo seleccionado polo Comité Executivo da UEFA durante a súa reunión en Ljubljana, Eslovenia o 24 de setembro de 2019. O estadio alberga os partidos do Linfield F. C. e da selección de fútbol de Irlanda do Norte.

Árbitros O 6 de agosto de 2021, a UEFA nomeou o ruso Sergei Karasev como árbitro do encontro. Karasev é árbitro da FIFA dende 2010, e arbitrou previamente na Eurocopa 2016, no Mundial de Fútbol de 2018 e na Eurocopa 2020. Estivo acompañado dos compatriotas Igor Demeshko e Maksim Gavrilin como árbitros asistentes, mentres que o belaruso Aleksei Kulbakov foi designado como cuarto árbitro. Marco Fritz de Alemaña foi escollido como o encargado do VAR, xunto co polaco Paweł Gil e o italiano Massimiliano Irrati como árbitros asistentes. Filippo Meli foi elixido como árbitro asistente de reserva.

Partido Resumo O Chelsea abriu o marcador tras 27 minutos de partido cando Hakim Ziyech conseguiu anotar na porteria un disparo dende sete metros grazas a un centro baixo desde a esquerda de Kai Havertz. Ziyech tivo que ser substituído por mor dunha mancadura no ombro xusto antes do descanso. Alberto Moreno lanzou unha volea á parte inferior do traveseiro no tempo extra da primeira parte. O Villarreal logrou empatar no minuto 73 cando Gerard Moreno marcou un gol cun remate clínico coa dereita á esquina superior esquerda da rede tras un lanzamento rápido de Boulaye Dia na dereita da área de penalti. O encontro rematou indo a prórroga. O porteiro do Chelsea Édouard Mendy foi substituído no último minuto por Kepa Arrizabalaga. Kepa Arrizabalaga parou dous penaltis: o decisivo, tirado por Raúl Albiol abaixo e á dereita, permitiu ao Chelsea gañar por 6-5 na quenda de penaltis, proclamándose Supercampión de Europa.

Detalles

CHELSEA F.C. PO 16 Édouard Mendy DF 15 Kurt Zouma DF 14 Trevoh ChalobahDF 2 Antonio Rüdiger MC 20 Callum Hudson-Odoi MC 7 N'Golo Kanté (c) MC 17 Mateo KovačićMC 3 Marcos AlonsoDC 22 Hakim Ziyech DC 29 Kai HavertzDC 11 Timo Werner Substitucións:PO 1 Kepa Arrizabalaga Nos penaltis DF 4 Andreas Christensen DF 6 Thiago SilvaDF 21 Ben ChilwellDF 24 Reece JamesDF 28 César Azpilicueta DF 33 EmersonMC 5 Jorginho MC 10 Christian Pulisic MC 19 Mason Mount DC 9 Tammy AbrahamDC 12 Ruben Loftus-CheekAdestrador: Thomas Tuchel 300pxVILLARREAL C.F. PO 1 Sergio AsenjoDF 8 Juan FoythDF 3 Raúl Albiol (c)DF 4 Pau TorresDF 24 Alfonso Pedraza MC 14 Manu Trigueros MC 25 Étienne Capoue MC 18 Alberto Moreno DC 21 Yeremi Pino DC 7 Gerard MorenoDC 16 Boulaye Dia Substitucións:PO 13 Gerónimo RulliDF 2 Mario Gaspar DF 12 Pervis Estupiñán DF 15 Jorge CuencaDF 20 Rubén PeñaDF 22 Aïssa Mandi MC 6 Manu Morlanes MC 10 Vicente IborraMC 17 Dani Raba MC 23 Moi Gómez DC 9 Paco AlcácerDC 34 Fer NiñoAdestrador: Unai Emery

Xogador do partido: Gerard Moreno

Árbitros asistentes: Igor Demeshko Maksim Gavrilin Cuarto árbitro: Aleksei Kulbakov Árbitro asistente de reserva: Filippo Meli Árbitro VAR: Marco Fritz Árbitros asistentes do VAR: Paweł Gil Massimiliano IrratiRegras do partido 90 minutos 30 minutos de tempo extra se fose necesario Tiros de penalti se o marcador seguise igualado Máximo de doce substitutos na banca Máximo de tres substitucións, cun cuarto permitido na prórrogaCada equipo tivo só tres oportunidades para facer substitucións durante o tempo regulamentario, cunha cuarta oportunidade no tempo extra. Estas tres ventás de substitución exclúen as substitucións feitas no descanso, antes do comezo do tempo extra e no descanso no tempo extra.

50pxCampiónChelsea F.C.2.º título

Estatísticas

+Primeira metade Estatística Chelsea VillarrealGoles a favor10Tiros totais65Tiros a porta31Paradas12Posesión61%39%Saques de esquina42Faltas56Fóras de xogo00Cartóns amarelos10Cartóns vermellos00

+Segunda metade Estatística Chelsea VillarrealGoles a favor01Tiros totais85Tiros a porta33Paradas23Posesión50%50%Saques de esquina23Faltas34Fóras de xogo21Cartóns amarelos01Cartóns vermellos00

+Tempo extra Estatística Chelsea VillarrealGoles a favor00Tiros totais71Tiros a porta10Paradas01Posesión59%41%Saques de esquina30Faltas25Fóras de xogo21Cartóns amarelos11Cartóns vermellos00

+Resumo total Estatística Chelsea VillarrealGoles a favor11Tiros totais2111Tiros a porta74Paradas36Posesión56%44%Saques de esquina95Faltas1015Fóras de xogo42Cartóns amarelos22Cartóns vermellos00

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos UEFA Supercopa de Europa Liga de Campións da UEFA 2020-21 UEFA Europa League 2020-21

Ligazóns externas Páxina oficial da UEFA

Categoría:Fútbol en 2021