O morrunchoResolución de 26 de febrero de 2015, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publica el listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España, murruncho ou ostra borda Ramonell, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia, Galaxia, Vigo 1985. (Ostrea stentina) é unha especie de molusco bivalvo. Foi descrita por primeira vez por Charles Payraudeau en 1826.Payraudeau, B. C. (1826) Catalogue descriptif et méthodique des Annelides et des Mollusques de l'île de Corse , Paris. 218(8): pp. pl.
Ten unha cuncha oval ou arredondada, duns 40-60 mm de diámetro, e de bordo irregular, sendo, como na ostra común, a valva inferior plana e a superior lixeiramente convexa. A superficie de ámbalas valvas e irregular, escamenta.
A cor é abrancazada ou tirando a verde, observándose bandas radiais de ton rosada. O interior é branco anacarado.
Vive fixada ás rochas en zonas pouco profundas.
Segundo o gastrónomo Víctor Sueiro, o morruncho é moi apreciado polo seu sabor exquisito (xuízo que toma de Eladio Rodríguez González), o que non impide que o cualifique o irmán pequeno e desherdado da ostra Víctor Sueiro, px. 243-244.. En realidade, non é obxecto de explotación comercial e esta especie non aparece rexistrada nas estatísticas de Pescadegalicia.gal (plataforma dependente da Consellería do Mar.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Manual del marisco, Jorge-Víctor Sueiro, ed. Penthalon, Madrid 1981. Guía dos mariscos de Galicia, Rosa Ramonell, Galaxia, Vigo 1985. Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia, Emilio Rolán, Edicións Xerais de Galicia, 1993. Guía dos moluscos de Galicia, Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt, Editorial Galaxia, 1996. (Previsualización en Google Books) Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia
Categoría:Bivalvos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1826