O Trofeo Joan Gamper 2021 foi a quincuaxésima sexta edición do torneo amigable. O encontro disputouse o 8 de agosto de 2021 no Estadio Johan Cruyff. Nesta ocasión o F. C. Barcelona enfrontouse á Juventus F. C., sendo esta a segunda participación dos italianos no trofeo.

Adicionalmente, o primeiro equipo do fútbol feminino disputou un encontro ante a Juventus Women na previa ao partido principal, sendo a primeira edición do Trofeo Joan Gamper Feminino e a segunda vez na historia do club que o equipo feminino xoga un encontro no Camp Nou. Debido ás condicións sanitarias derivadas da pandemia de COVID-19, só se permitiu a entrada a un 20% da capacidade total do estadio para ambos os dous encontros.

Malia o anuncio, o 29 de xullo a Generalitat de Cataluña informou que os eventos deportivos en Barcelona non podían superar as 3.000 persoas debido á quinta onda de COVID-19 que estaba a azoutar a cidade. Debido a estes motivos, houbo un cambio de plans e a xunta azulgrana decidiu que o novo escenario do torneo sería o novo campo deportivo do equipo feminino, o Estadio Johan Cruyff, que acolleu por primeira vez o evento.

Partido

F.C. BARCELONA PO 13NetoDF 2 Sergiño Dest DF 3Gerard PiquéDF 4 Ronald Araújo DF 18Jordi Alba MC 20 Sergi Roberto MC 5Sergio Busquets (c)MC 27 Yusuf Demir MC 7Antoine Griezmann MC 9Memphis DepayDC 12Martin Braithwaite Substitucións:DF 22Emerson Royal DF 23Samuel Umtiti MC 28Nico González MC 6 Riqui Puig DF 31 Alejandro Baldé DC 29Rey Manaj MC 32Álex Collado Adestrador: Ronald KoemanJUVENTUS F.C. PO 1 Wojciech SzczęsnyDF 2 Mattia De Sciglio DF 4 Matthijs de Ligt DF 24 Daniele Rugani DF 12Alex Sandro (c) MC 11 Juan Cuadrado MC 30Rodrigo Bentancur MC 8 Aaron Ramsey MC 20Federico Bernardeschi DC 9Álvaro Morata DC 7 Cristiano Ronaldo Substitucións:DF 17Luca Pellegrini DF 6 Danilo MC 44 Dejan Kulusevski MC 14Weston McKennie DC 22Federico Chiesa DF 19 Leonardo Bonucci MC 42Filippo Ranocchia DC 54Alejandro Marqués DF 3 Giorgio Chiellini DF 45Koni De Winter Adestrador: Massimiliano Allegri

Xogador do partido: Neto Murara

CampiónF. C. Barcelona44.º título

Estatísticas + Resumo total Estatística F.C. Barcelona Juventus F.C.Goles marcados30Tiros totales1313Tiros a porta66Paradas51Posesión69%31%Número de córners36Balóns recuperados2722Balóns perdidos4644Penaltis00Faltas cometidas1411Fóras de xogo33Cartóns amarelos21Cartóns vermellos00

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Trofeo Joan Gamper Liga Santander FC Barcelona

Categoría:Fútbol en 2021 Categoría:Trofeo Joan Gamper