A Community Shield 2021 foi a XCIX edición da FA Community Shield, un partido de fútbol anual disputado polos gañadores da tempada pasada da Premier League, o Manchester City, e os vencedores da FA Cup da tempada anterior, o Leicester City. Esta foi a primeira Community Shield do Manchester City dende 2019 cando lograron derrotar ao Liverpool por 5–4 nos penaltis tras empatar 1–1; e a primeira Community Shield do Leicester City dende a derrota por 2–1 ante o Manchester United na edición de 2016. O encontro tivo lugar o 7 de agosto de 2021 no Wembley Stadium de Wembley, Londres, resultando gañador o Leicester tras venceren ao Manchester City por 1–0 cun penalti decisivo no minuto 89 de partido, transformado por Kelechi Iheanacho.

O Arsenal era o defensor do título grazas á súa vitoria na Community Shield 2020, pero non puido clasificarse novamente para a edición deste ano.

O partido foi televisado en directo a través de ITV. Por vez primeira, a FA Community Shield retransmitiuse en aberto (gratuitamente) en televisión dende a edición de 2012, que tamén foi retransmitida por ITV.

Participantes O Leicester City gañou o seu primeiro título da FA Cup tras derrotar ao Chelsea por 1–0 na final. Foi a súa terceira aparición nunha Community Shield, tendo previamente gañado unha (1971), e perdido outra (2016).

O Manchester City gañou a súa terceira Premier League en catro anos baixo o adestramento de Pep Guardiola, despois de que o Manchester United fose derrotado por 1–2 ante o Leicester City no Old Trafford o 11 de maio de 2021. Foi a súa décimoterceira aparición nunha Community Shield, tendo previamente gañado seis (1937, 1968, 1972, 2012, 2018 e 2019), e perdido outras seis (1934, 1956, 1969, 1973, 2011, 2014).

Manchester City 25px|bordoCampión da Premier League (2020-21)Leicester City Campión da FA Cup (2020-21)

Partido Resumo Na primeira metade, Zack Steffen conseguiu parar un disparo de Jamie Vardy coa dereita mentres se internaba pola esquerda, rebotando a pelota contra o poste esquerdo. No último minuto do partido, o Leicester recibiu un penalti cando Nathan Ake derrubou na área de penalti a Iheanacho despois de non controlar axeitadamente un pase de Rodri. Iheanacho anotou a pena máxima coa esquerda á dereita da rede para gañar o partido por 1-0.

Detalles

LEICESTER CITY F.C. PO 1 Kasper Schmeichel (c)DF 21 Ricardo PereiraDF 18 Daniel AmarteyDF 4 Çağlar SöyüncüDF 5 Ryan Bertrand MC 8 Youri Tielemans MC 25 Wilfred NdidiMC 17 Ayoze Pérez MC 10 James Maddison MC 7 Harvey Barnes DC 9 Jamie Vardy Substitucións:PO 12 Danny WardDF 16 Filip BenkovićDF 33 Luke Thomas MC 11 Marc Albrighton MC 20 Hamza ChoudhuryMC 22 Kiernan Dewsbury-Hall MC 42 Boubakary Soumaré DC 14 Kelechi Iheanacho DC 29 Patson Daka Adestrador: Brendan Rodgers300pxMANCHESTER CITY F.C. PO 13 Zack SteffenDF 27 João CanceloDF 3 Rúben Dias DF 6 Nathan AkéDF 22 Benjamin MendyMC 80 Cole Palmer MC 25 Fernandinho (c) MC 8 İlkay Gündoğan DC 26 Riyad MahrezDC 21 Ferran Torres DC 53 Samuel Edozie Substitucións:PO 33 Scott CarsonDF 34 Philippe SandlerDF 39 Yan CoutoMC 10 Jack Grealish MC 16 Rodri MC 20 Bernardo Silva MC 69 Tommy DoyleMC 81 Claudio GomesMC 96 Ben Knight Adestrador: Pep Guardiola

Xogador do partido: Kelechi Iheanacho (Leicester City)

Árbitros asistentes: Ian Hussin Neil Davies Cuarto árbitro: Peter Bankes Árbitro asistente de reserva: Nick Hopton Árbitro VAR: Darren England Árbitros asistentes do VAR: Dan RobathanRegras do partido 90 minutos Quenda de penaltis se o marcador seguise igualado Máximo de nove substitutos na banca Máximo de seis substitucións

CampiónLeicester City F.C.2.° título

Estatísticas

+Primeira metade Estatística Leicester City Manchester CityGoles a favor00Tiros totais76Tiros a porta41Paradas14Posesión49%51%Saques de esquina34Faltas43Fóras de xogo01Cartóns amarelos00Cartóns vermellos00

+Segunda metade Estatística Leicester City Manchester CityGoles a favor10Tiros totais36Tiros a porta12Paradas20Posesión37%63%Saques de esquina13Faltas25Fóras de xogo02Cartóns amarelos12Cartóns vermellos00

+Resumo total Estatística Leicester City Manchester CityGoles a favor10Tiros totais1012Tiros a porta53Paradas34Posesión43%57%Saques de esquina47Faltas68Fóras de xogo03Cartóns amarelos12Cartóns vermellos00

Post-partido O adestrador do Leicester City Brendan Rodgers mostrou a súa satisfacción tras gañar a Community Shield por vez primeira en BBC Radio Leicester: "Houbo unha gran sensación chegando aquí hoxe. Todos os xogadores, afeccionados e membros do persoal do Leicester que vindo aquí foi unha sensación realmente especial. Queriamos trasladar todo iso no noso xogo e manter esa sensación e, afortunadamente, fixémolo". O adestrador do Manchester City Pep Guardiola felicitou ao rival tras a derrota: "Parabéns ao Leicester [City]. Estou máis que satisfeito con como xogamos. Moitas cousas estiveron ben, os xogadores novos estiveron excelente. Demos minutos a diversos xogadores, polo que en xeral houbo moitas cousas boas." Guardiola fixo debutar a varios futbolistas da canteira: Cole Palmer, Samuel Edozie e Ben Knight con Edozie e mais Palmer comezando o partido de inicio e Knight substituíndo a Ferran Torres no minuto 74.

O Leicester City empezou a tempada 2021-2022 da Premier League cunha vitoria por 1-0 na casa fronte o Wolverhampton Wanderers cun único gol de Jamie Vardy no minuto 41. Por contra, o Manchester City debutou na campaña como defensor do título cunha derrota por 1-0 no Tottenham Hotspur Stadium contra o Tottenham Hotspur grazas a un gol no minuto 55 de Son Heung-min, dando ao novo adestrador do Tottenham Hotspur Nuno Espírito Santo a súa primeira vitoria a cargo do club. A fichaxe récord Jack Grealish fixo o seu debut no Manchester City saíndo desde o once inicial.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Community Shield

Ligazóns externas Sitio web oficial da Community Shield, en TheFA.com Historia da Community Shield, en TheFA.com

Categoría:Community Shield Categoría:Fútbol en 2021