Ramón Ramiro Rueda Neira, nado en Lamaquebrada (Fión, O Saviñao) en 1840 e finado en Madrid o 2 de maio de 1904, foi un avogado e profesor galego.

Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto de Monforte. Licenciose en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático de Dereito Mercantil e Penal da Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de 1890 a 1899. Despois foi catedrático de Dereito Penal e Antropoloxía criminal na Facultade de Dereito da Universidade Central de Madrid. Finou en Madrid o 2 de maio de 1904.El Correo de Galicia, 3-5-1904, p. 2, 3,. Obras

Elementos de derecho penal, 1871. Vida persoal

Casou con Eladia de Andrés García. Véxase tamén

Ligazóns externas

Diccionario de catedráticos españoles de Derecho Notas

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados no Saviñao

Categoría:Nados en 1840

Categoría:Finados en 1904