George Carpenter Miles, nado o 30 de setembro de 1904 en Saint Davids, condado de Delaware, Pensilvania, e finado o 15 de outubro de 1975 en Nova York, foi un numismático estadounidense especializado na moeda do mundo islámico.Who was who in America. Volume VI. Marquis Who's Who, 1976. Páxina 283. ISBN 9780837902074
Traxectoria Miles graduouse en Lingua Inglesa na Universidade de Princeton en 1926 e, logo dun período de cinco anos como profesor de inglés no Robert College, de Istanbul, regresou a Princeton para acadar primeiro o mestrado, en 1930, e posteriormente o seu doutoramento, en 1937,"George Carpenter Miles". En Princeton Alumni Weekly. 17 de novembro de 1975. Páxinas 15-16.Smith, P. (2012). baixo a dirección de Philip Hitti,Merriam, J. G. (1976). coa tese The Numismatic History of Ravy, que se converteu na súa primeira publicación.Thompson, M. E. (1975).Bacharach, J. L. (1976). Páxina 290.Ver (1938) en "Publicacións"
A súa carreira numismática transcorreu estreitamente vinculado á American Numismatic Society (ANS), na que ingresou en outubro de 1937. Logo dunha paréntese para se dedicar á docencia na Universidade de Princeton e para servir na Mariña Estadounidense como comandante, destinado en Turquía e na India, durante a segunda guerra mundial, en 1946 retornou á ANS como investigador axudante de numismática do mundo musulmán, e encargouse do estudo da importante colección de moedas doada por Archer M. Huntington á Hispanic Society of America. En 1954 sucedeu a Sydney P. Noe no posto de conservador xefe da ANS e en 1966 foi nomeado director executivo da Sociedade, posto que ocupou ata o seu retiro en 1972, compaxinándoo co de secretario entre 1966 e 1968."Miles, George Carpenter, 1904-1975 ". American Numismatic Society.Bacharach, J. L. (1976). Páxina 291.
Paralelamente, entre 1956 e 1967 pasou catro tempadas na American School of Classical Studies de Atenas, como membro asociado, e a partir de 1961 en condición de membro do seu comité de dirección.
Ademais da ANS, Miles formou parte doutras entidades académicas e asociativas, entre elas a American Philosophical Society, a American Oriental Society (vicepresidente en 1960-1961), a Comisión Internacional de Numismática (1953) e o comité executivo da Encyclopaedia of Islam (1951). Ademais, foi membro honorario da Sociedade Francesa de Numismática, da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, da Royal Numismatic Society (Londres), do Institut d'Egypte (O Cairo) e da Real Academia de la Historia (Madrid).
George Carpenter Milles morreu no hospital Columbia-Presbyterian Medical Center, en Nova York o 15 de outubro de 1975, como consecuencia do cancro que padecía.
Vida persoal Miles casou en 1937 con Eleanor Briggs, con quen tivo unha filla chamada Marian.
Recoñecementos En 1976, Miles foi obxecto da publicación dun libro na súa homenaxe, dirixido por W. E. Metcalf, no que colaboran 48 autores procedentes de 14 países.Metcalf, W. E. (1976). A Colloquium in Memory of George Carpenter Miles (1904-1976). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897220644
Premios (1949): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1957): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. Medalla da Hispanic Society of America.
Publicacións Ao longo da súa traxectoria como investigador, Miles publicou 16 traballos monográficos e máis de 75 artigos en revistas especializadas do seu tempo."Miles, George Carpenter 1904-1975 ". Digital Library Numis."Miles, George Carpenter 1904-1975". WorldCat Identities.Oman, G. (1977). Páxinas 36-39.
Monografías (1938). The numismatic history of Rayy. American Numismatic Society (ANS), Nova York. (1939). A Byzantine weight validated by Al-Walid. ANS, Nova York. (1948). Early Arabic glass weights and stamps. ANS, Nova York. (1950). Rare islamic coins. ANS, Nova York. (1950). The Coinage of the Umayyads of Spain. ANS, Nova York. (1951). Early Arabic glass weights and stamps: a supplement. ANS, Nova York. (1951). Fa?imid coins in the collections of the University Museum, Philadelphia, and the American Numismatic Society. ANS, Nova York. (1952). The coinage of the Visigoths of Spain: Leovigild to Achila II. ANS, Nova York. (1954). Coins of the Spanish-Muluk al-Tawa'if. ANS, Nova York. (1958). Contributions to Arabic metrology (I). ANS, Nova York. (1959). Excavation coins from the Persepolis region. ANS, Nova York. (1962). The Athenian Agora. Vol. 9: The Islamic coins . American School of Classical Studies at Athens, Princeton. (1963). Contributions to Arabic metrology (II). ANS, Nova York. (1964). Byzantium and the Arabs: Relations in Crete and the Aegean Area. Dumbarton Oaks Papers, Harvard University Press. (1970). The coinage of the Arab Amirs of Crete. ANS, Nova York.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bacharach, J. L. (1976). "In Memoriam: George C. Miles, 1904-1975". En International Journal of Middle East Studies. Volume 7. Nº 2. Páxinas 290-291. Merriam, J. G. (1976). "In memoriam: George Carpenter Miles". En Middle East Studies Association of North America. Vol. 10. Nº 1. Páxina 107. Smith, P. (2012). "Miles, George C(arpenter)". En American Numismatic Biographies. Páxina 254. Thompson, M. E. (1975). "George Carpenter Miles (1904-1975)". En Compte rendu, 22. International Numismatic Council. Páxina 31 Oman, G. (1977). "Ricordo di George Carpenter Miles". En Oriente Moderno. Ano 57. Nº 1/2. Istituto per l'Oriente C. A. Nallino. Páxinas 34-39
Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Nados no condado de Delaware, Pensilvania Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:American Numismatic Society Categoría:Orientalistas Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Militares da segunda guerra mundial Categoría:Finados por cancro Categoría:Personalidades sen imaxes