Ropalidia marginata é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos, tribo dos ropalidiinos, unha das numerosas integradas no xénero Ropalidia.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1836 polo entomólogo francés Amédée Louis Michel Lepeletier.Ropalidia marginata (Lepeletier, 1836) no GBIF. Consultado o 29 de xullo de 2020.Ropalidia marginata (Lepeletier, 1836) en BioLib.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Ropalidia indica Vecht, 1941 Vespa ferruginea Fabricius, 1793
Subespecies Dentro da especie distínguese as seguintes subespecies: Ropalidia marginata jucunda (Cameron, 1898) Ropalidia marginata marginata (Lepeletier, 1836) Ropalidia marginata rufitarsis Vecht, 1941 Ropalidia marginata sundaica Vecht, 1941
Distribución miniatura|240px|Ropalidia marginata cunha gota de saliva Ropalidia marginata encóntrase en Paquistán, a India, Sri Lanka, Sueste asiático e Australia. A súa área de distribución esténdese polo oeste até Paquistán e polo leste até Nova Guinea, Queensland e algunhas illas do Pacífico oriental.Kojima, J., Lambert, K., Nguyen, L, & Saito, F. (2007): "Taxonomic notes of the paper wasps of the genus Ropalidia in the Indian subcontinent (Hymenoptera: Vespidae)". Entomological Science 10 (4): 373–393. R. marginata é a avespa social máis común na India.Gadagkar, R., Gadgil, M., Joshi, N. & Mahabal, A. (1982): "Observations on the natural history and population ecology of the social wasp Ropalidia marginata (Lep.) from Peninsular India (Hymenoptera: Vespidae)". Proceedings of the Indian Academy of Sciences 91 (6): 539–552. Pero aínda que se estudou extensamente na India, falta bibliografía sobre este animal noutras partes da súa área de distribución.
Características É primitivamente eusocial, non mostra o mesmo nesgo no coidado das crías como ocorre noutros insectos sociais con maior asimetría nas relacións.
Esta especie emprega unha variedade de estratexias na fundación de colonias, ás veces con fundadoras únicas e, ás veces, en grupos de número variábel.Shakarad, M. & Gadagkar, R. (1995): "Colony founding in the primitively eusocial paper wasp, Ropalidia marginata (Lep.) (Hymenoptera: Vespidae)". Ecological Entomology 20: 273–282. A raíña non usa o dominio físico para controlar ás obreiras; hai probas de que utilizan feromonas para evitar que outras obreiras superen a realeza.Premnath, S.; Sinha, A. & Gadagkar, R (1996): "Dominance relationships in the establishment of reproductive division of labour in a primitively eusocial wasp Ropalidia marginata". Behavioral Ecology and Sociobiology 39 (2): 125–132.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82. Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3. Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0. Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9. Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0. O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5. Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548. Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos Himenópteros Apócritos Vespoideos Véspidos Polistinos Ropalidiinos Ropalidia
Categoría:Vespidae Categoría:Polinizadores Categoría:Insectos de Asia Categoría:Insectos de Australia Categoría:Animais descritos en 1836