Joseph Charles Bequaert, nado o 24 de maio de 1886 en Torhout (Flandres Occidental) e finado o 12 de xaneiro de 1982 en Amherst, Massachusetts,Clench, W. J. (1982): "Joseph Charles Bequaert". The Nautilus 96 (2): páx. 35. foi un naturalista estadounidense de orixe belga.
Traxectoria Bequaert estudou na Universidade de Gante onde obtivo en 1908 o grao de doutor en botánica.
Desde 1910 a 1912 traballou como entomólogo na Comisión Belga sobre a enfermidade do sono.
Desde 1913 a 1915 traballou como botánico no Congo belga, onde ademais realizou recoleccións de moluscos.
En 1916 migrou aos Estados Unidos de América. Desde 1917 a 1922 foi investigador asociado no American Museum of Natural History (Museo Norteamericano de Historia Natural). Naturalizado estadounidense en 1921, ensinou entomoloxía na Harvard Medical School.
Desde 1929 a 1956 foi conservador de insectos no Museum of Comparative Zoology (Museo de Zooloxía Comaperada), onde ocupou a "cadeira Agassiz" de zooloxía desde 1951 a 1956.
En 1959, Bequaert foi elixido presidente da American Malacological Union (Unión Malacolóxica dos Estados Unidos). Deixou estas funcións en 1956 en que se traladou a Houston onde impartiu clases de zooloxía na súa Universiade até 1960.
Xunto con Walter Bernard Miller publicou The Mollusks of the Arid Southwest (Os moluscos do árido suroeste) en 1973.
Bequaert foi membro de diversas sociedades científicas, como a Sociedade Zoolóxica de Francia, a Sociedade Entomolóxica dos Estados Unidos de América, a Real Sociedade Belga de Entomoloxía, a Sociedade Belga de Medicina Tropical, o Instituto Real Colonial de Bélxica, a Koninklijk Natuurwetenschappelijk Genootschap Dodonaea (Real Sociedade Científica Dodonaea, dos Países Baixos), a Sociedade de Historia Natural de África do Norte, entre outras.
Algunhas publicacións 1927. Pilsbry, H. A.; Bequaert, J. C.; Lang, H. & Chapin, J. P.: "The aquatic mollusks of the Belgian Congo. With a geographical and ecological account of Congo malacology". Bulletin of the American Museum of Natural History 53 (2): 69–659. 1931. Bequaert, J.: "The genus Lasia (Diptera, Cyrtidae) in North America, with descriptions of two new species". American Museum Novitates 455: 1–11. 1933. Bequaert, J.: "Description of a new North American species of Lasia (Diptera, Cyrtidae)". American Museum Novitates 617: 1–2.
Honores Epónimos Botánica En honor de Bequaert nomeouse o taxon Bequaertiodendron magalismontanum (Sond.) Heine & J.H.Hemsl, hoxe clasificado como Englerophytum magalismontanum (Sond.) T.D.Penn.
Entomoloxía Bequaert foi honrado con varios nomes de formigas. Na lista adxunta só figuran os nomes válidos (a partir de xullo de 2016).
Aenictogiton bequaerti Forel, 1913 Aenictogiton bequaerti Forel, 1913 Anochetus bequaerti Forel, 1913 Anochetus bequaerti Forel, 1913 Azteca bequaerti Wheeler, 1929 Azteca bequaerti Wheeler & Bequaert, 1929 Camponotus confluens bequaerti Forel, 1913 Cataulacus bequaerti Forel, 1913 Cataulacus bequaerti Forel, 1913 Centromyrmex bequaerti (Forel, 1913) Centromyrmex bequaerti (Forel, 1913) Centromyrmex bequaerti (Forel, 1913) Strumigenys bequaerti Santschi, 1923 Strumigenys bequaerti Santschi, 1923 Crematogaster bequaerti Forel, 1913 Crematogaster bequaerti Forel, 1913 Dorylus bequaerti Forel, 1913 Dorylus bequaerti Forel, 1913 Monomorium bequaerti Forel, 1913 Monomorium bequaerti Forel, 1913 Pheidole bequaerti Forel, 1913 Pheidole bequaerti Forel, 1913 Phrynoponera bequaerti Wheeler, 1922 Phrynoponera bequaerti Wheeler, 1922 Tetramorium bequaerti Forel, 1913 Tetramorium bequaerti Forel, 1913
Herpetoloxía Bequaert tamén foi honrado cos nomes científicos dunha especie de serpe e dúas de ras:Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. . ("Bequaert", p. 23). Philothamnus bequaerti (Schmidt, 1923) Phrynobatrachus bequaerti (Barbour & Loveridge, 1929) Leptopelis bequaerti Loveridge, 1941
Abreviaturas A abreviatura Bequaert emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica,Bequaert – Joseph Charles Corneille Bequaert (1886-1982) no IPNI. e en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Robert Tucker Abbott (1974): American Malacologists. A National Register of Professional and Amateur Malacologists and Private Shell Collectors and Biographies of Early American Mollusk Workers born between 1618 and 1900. Falls Church, Virginia: Am. Malacologists. ISBN 0-9137-9202-0.
Ligazóns externas Bequaert, Joseph Charles (Belgium-United States 1886-1982) . Joseph Charles Bequaert .
Categoría:Científicos de Bélxica Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Botánicos de Bélxica Categoría:Entomólogos de Bélxica Categoría:Alumnos da Universidade de Gante Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Nados en 1886 Categoría:Nados na provincia de Flandres Occidental Categoría:Finados en 1982