A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é unha consellaría da Xunta de Galicia, que se encarga da promoción de obras públicas, do estado das estradas e das infraestruturas de comunicación, e da política de transporte. A súa titular actualmente é Ethel Vázquez.
Historia A consellería de Infraestruturas e Mobilidade tivo distintas denominacións ao longo da súa historia, así incorporase unhas funcións ou outras ou se incidise máis nuns aspectos políticos ou outros. Chamóuselle consellería de Transportes e Obras Públicas (COTOP) e tamén consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Os cambios máis importantes prodúcense en 2005 cando as competencias sobre vivenda pasan a ter unha consellería de seu, e en 2009, coa incorporación da área de xestión e conservación do ambiente, que ata daquela fora xestionado pola consellería de Medio Ambiente e a recuperación de vivenda. Tamén nese ano perde a competencia sobre os portos, que pasan a depender da consellería do Mar. En 2014 a xestión do ambiente sepárase desta consellería, e en 2018 a vivenda.
Lista dos conselleiros Ángel Mario Carreño: 1982 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio. Xavier Suárez-Vence: 1986 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio. Fernando Pedrosa Roldán: 1986 - 1987, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Antolín Sánchez Presedo: 1987 - 1990, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Xosé Cuíña: 1990 - 2003, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Alberto Núñez Feijóo: 2003 - 2005, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. María Xosé Caride: 2005-2009, como conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Agustín Hernández: 2009-2014, como conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Ethel Vázquez: 2014-, como conselleira de Infraestruturas e Vivenda (2015-2018) e como conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (2018-).
Estrutura interna Secretarías e direccións xerais Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Territorio conta coas seguintes direccións e secretarías xerais: Secretaría Xeral Técnica: María Pilar Arias Graña Dirección Xeral de Mobilidade
Entes públicos adscritos Augas de Galicia Axencia Galega de Infraestruturas Xurado de Expropiación de Galicia
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Infraestruturas e Mobilidade