Parakou é a maior cidade no norte de Benín, cunha poboación de preto de 255.478 persoas (2013),INSAE, Effectifs de la population des villages et quartiers de ville du Bénin, (RGPH-4, 2013), febreiro 2016, e capital do Departamento Borgou. Encóntrase na principal estrada norte-sur e no final dunha vía ferroviaria a Cotonou. Isto tornouna nunha importante cidade mercado, mentres que as industrias principais inclúen a manufactura de aceite de cacahuete e unha cervexaría.

Demografía thumb|left|Rotonda en Parakou O nome de Parakou provén da palabra dendi que significa "a cidade de todos", debido á diversidade étnica do asentamento. Debido a que e unha cidade comercial que atrae a moita xente, Parakou ten unha grande mestura de etnias africanas, incluíndo os fula, dendi, somba, fon, mina, bariba, djerma, ioruba, hausa, tuareg, entre outros.

En 1979 a cidade contaba cunhas 60.915 persoas e segundo o censo oficial de 1992, Parakou xa contaba con 103.577 habitantes. Nos últimos 15-20 anos a poboación de Parakou duplicouse, pasando de 149.819 persoas en 2002 a 255.478 en 2013, o censo máis recente.

Véxase tamén Ligazóns externas .

Notas

Categoría:Cidades de Benín