Reginald Hugh Michael Dolley, nado en Oxford, Inglaterra, o 6 de xullo de 1925 e finado en Cork, Irlanda, o 29 de marzo de 1983, foi un numismático e historiador británico, especializado na moeda medieval británica."Michael Dolley". Lex.dk
Traxectoria Michael Dolley naceu en Oxford o 6 de xullo de 1925, fillo do funcionario A. H. F. Dolley coas súas raíces familiares no condado de Galway, e de Margaret Horgan, proveniente do condado irlandés de Limerick. Foi bautizado co nome de Reginald Hugh e na súa confirmación engadiu Michael, o nome co que se coñeceu na súa vida académica.Lyon, S. (1982). Páxina 265.
Dolley cursou a súa educación secundaria no Wimbledon College e os seus estudos superiores no King's College, da Universidade de Londres, onde se graduou en Historia Antiga e Medieval.
Logo da súa graduación ocupou o posto de conservador axudante no Museo Marítimo Nacional de Greenwich (1948-1951) e no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico (1951-1963).
Posteriormente comezou a súa carreira docente na Queen's University Belfast, en Irlanda do Norte, como profesor de Historia Medieval (1963-1969) e de Historia Moderna (1969-1975), ata que finalmente foi o primeiro en ocupar a nova cátedra de Numismática Histórica (1975-1978). En 1978 trasladouse a Australia, para impartir a materia de Historia na Universidade de Nova Inglaterra, en Armidale, Nova Gales do Sur. Uns meses antes do seu falecemento en 1983, foi honrado co título de doutor honoris causa pola Universidade de Londres.Williams, F. C. (2009).Lyon, S. (1982). Páxinas 269-270.
Entre outras entidades asociativas e académicas, Dolley formou parte da Sociedade de Anticuarios de Londres (1955) e da Real Academia Irlandesa (1964), da que ocupou a vicepresidencia entre 1972 e 1973. Tamén foi membro da Royal Historical Society (1965), membro correspondente da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades (1970) e membro estranxeiro da Real Academia Dinamarquesa de Ciencias e Letras (1979). No ámbito numismático, foi recoñecido pola Sociedade Numismática Sueca, a Sociedade Numismática Británica, a Sociedade Numismática Norueguesa, a Royal Numismatic Society e a American Numismatic Society.Lyon, S. (1982). Páxina 270.
No ámbito editorial, entre 1964 e 1977 foi editor do British Numismatic Journal, publicado pola Sociedade Numismática Británica. Desde 1956 ata o seu falecemento, foi o editor xeral da serie editorial Sylloge of coins of the British Isles."Sylloge of Coins of the British Isles: Introduction". The Fitzwilliam Museum.
Á marxe da numismática e da vida académica, Dolley formou parte do comité constituído para a conmemoración do "Alzamento de Pascua" de 1916 e afiliouse ao Grupo Nacional Demócrata, que en 1965 se converteu nun partido político. Tamén formou parte do primeiro comité da Asociación para os Dereitos Civís de Irlanda do Norte, en 1969.
En 1983 desprazouse a Cork para aceptar o recoñecemento como doutor honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda, aínda que a súa mala saúde neses días lle impediu asistir á cerimonia, celebrada in absentia, e faleceu nesa cidade cinco días despois, o 29 de marzo. Dolley foi soterrado xunto á súa nai en Cuckfield, West Sussex.
Vida familiar Michael Dolley casou en 1950 con Phyllis Mary Harris, unha antiga compañeira de estudos no King's College de Londres, con quen tivo cinco fillas e dous fillos.
Recoñecementos
Premios
(1959): Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society. (1965): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1979): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen. (1981): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1982): Medalla Bjørnstad, da Sociedade Numismática Norueguesa. (1982): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York. "Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Doutoramentos honoris causa
(1983): Doutor honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda. (1983): Dourtor honoris causa pola Universidade de Londres.
Ademais destes recoñecementos, en 1986 publicouse na súa memoria un volume con colaboracións de diversos numismáticos e preparado por Mark Blackburn, baixo o título de Anglo-Saxon monetary history.Blackburn, M. A. S. (1986). Anglo-Saxon monetary history : essays in memory of Michael Dolley. Leicester University Press; Leicester. ISBN 9780718512392
Publicacións Na súa vida académica, Michael Dolley foi autor de arredor de 900 artigos e colaboracións, así como once traballos monográficos:"Dolley, Michael". WorldCat Identities."Dolley, Reginald Hugh Michael 1926-1983 ". Digital Library Numis.
(1958). Some reflections on Hildebrand type A of Aethelraed II. Kungliga Vitterhets Historie och Antikvitets Akademien, Estocolmo. (1961). Anglo-Saxon coins; studies presented to F.M. Stenton on the occasion of his 80th birthday, 17 May, 1960 (ed.). Methuen, Londres. (1964). Anglo-Saxon Pennies. British Museum, Londres. (1965). Viking coins of the Danelaw and of Dublin. British Museum, Londres. (1966). The Carolingian coins in the British Museum (con K. F. Morrison). British Museum, Londres. (1966). The Norman conquest and the English coinage. Spink, Londres. (1971). A bibliography of coin hoards of Great Britain and Ireland, 1500-1967. Special Publications of the Royal Numismatic Society 6. Royal Numismatic Society / Spink, Londres. ISBN 9780901405012 (1972). Medieval Anglo-Irish coins. Queen's University Belfast / Seaby. ISBN 9780900652301 (1972). Anglo-Norman Ireland, c1100-1318. Gill and MacMillan, Dublín. ISBN 9780717105601 (1976). Some Irish dimensions to Manx history. Queen's University of Belfast. ISBN 9780853891093 (1983). Early Medieval Coins from Lincoln and its Shire c. 770-1100 (con M. Blackburn e C. Colyer). Council for British Archaeology, Londres. ISBN 9780906780268
Serie Sylloge of coins of the British Isles
(1966). The Hiberno-Norse coins in the British Museum. Sylloge of Coins of the British Isles 8. British Museum, Londres.
(1968). Ulster Museum, Belfast. Part I. Anglo-Irish Coins, John - Edward III. Sylloge of coins of the British Isles, 10. British Academy / Ulster Museum. (1969). Anglo-Saxon and Norman Coins. Royal Coin Cabinet Stockolm. Anglo-Norman Pennies (con C. E. Blunt). Sylloge of coins of the British Isles, 11. British Academy, Londres. (1972). Bristol and Gloucester Museums: ancient British coins and coins of the Bristol and Gloucestershire mints (con C. E. Blunt e L. V. Grinsell). Sylloge of coins of the British Isles, 19. British Academy, Londres. ISBN 9780197259320 (1975). Royal Collection of Coins and Medals. National Museum Copenhagen. Part V. Hiberno-Norse and Anglo-Irish Coins (con G. Galster e J. S. Jensen). Sylloge of coins of the British Isles, 22 . British Academy, Londres.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Blackburn (1986). Anglo-Saxon monetary history: essays in memory of Michael Dolley. Duffy, P. (1984). "Obituary: Michael Dolley 1925-1983". En The Journal of the Royal Society of Antiquaries of Ireland. Vol. 114. Páxina 151. Lyon, S. (1982). "Obituary: Dr. Michael Dolley". En British Numismatic Journal. 52. 26. British Numismatic Society. Páxinas 265-271. Williams, F. C. (2009). "Dolley, (Reginald Hugh) Michael". Dictionary of Irish Biography.
Ligazóns externas "The Papers of Professor Michael Dolley". Fitzwilliam Museum.
Categoría:Nados en Oxford Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Galardoados co premio Lhotka Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Alumnos do King's College de Londres Categoría:Profesores da Queen's University Belfast Categoría:Profesores da Universidade de Nova Inglaterra (Australia) Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Londres Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda Categoría:Personalidades sen imaxes