Jovenel Moïse, nado o 26 de xuño de 1968 e finado o 7 de xullo de 2021, foi un político e empresario haitiano, Presidente de Haití dende o ano 2017 até o seu asasinato en 2021. Xurou o seu cargo como presidente en febreiro de 2017 logo de gañar as eleccións presidencias de novembro de 2016. En 2019, as protestas que reclamaban a súa renuncia convertéronse nunha crise política no país.
A mañá do 7 de xullo de 2021, Moïse foi asasinado, e a súa muller, Martine, resultou ferida durante un ataque na súa residencia privada en Pétion-Ville. O Primeiro Ministro Claude Joseph sucedeuno como Presidente en funcións.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Presidentes de Haití Categoría:Políticos de Haití