Marina Peña-Rey Bouzas, nada en Viascón o 9 de abril de 1914 e finada en México no 2002,Gurriarán (2006) foi unha das primeiras universitarias da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Marina era filla de Manuel Peña Rey, médico e director do Hospital Provincial de Ourense ata a súa destitución e detención en xullo de 1936 . En 1929 matriculouse na Facultade de Farmacia de Santiago, rematando os estudos en 1933. Nese ano vaise a Madrid para completar os seus estudos, aloxándose na Residencia de Señoritas.

Militou no partido galeguistaPintos (2016) e casou con Manuel Fanjul, con quen marchou ao exilio tras a Guerra Civil. A súa carreira profesional viuse interrompida pola guerra e o exilio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na universidade de Santiago, 1900-1940: do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. Univ Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-644-1.

Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2002