Soiuz TMA-07M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 19 de decembro de 2012 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TMA-07M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Chris Hadfield, Thomas Marshburn e Roman Romanenko a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave regresou o 14 de maio de 2013 ás 2:31 GMT.

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-07M estaba formada por Karen Nyberg, Luca Parmitano e Fiodor Iurchikhin.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-M Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Notas

Categoría:Programa Soiuz