Noelia Otero Lago, nada en Vigo en 1980, é unha xornalista, presentadora e directora de televisión.

Traxectoria miniatura|Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020, circunscrición electoral de Pontevedra, PSdeG-PSOE. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Antonio Nebrija e especialista en Información Internacional e Países do Sur pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a súa carreira en Onda Cero Vigo,logo foi editora e locutora na Cadena SER en Vigo dez anos ata dar o salto á televisión incorporándose como directora e presentadora de programas na Televisión de Galicia e máis tarde traballou en Telecinco como reporteira de El Programa de Ana Rosa; foi codirectora do programa diario Las Cosas Claras presentado por Jesús Cintora en TVE . Despois pasou a traballar como directora de programas en Cuatro, Mediaset.

En 2020 traballou como directora e coordinadora do Laboratorio de Ideas do PSdG-PSOE e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número seis na lista do PSdG-PSOE como independente pola circunscrición electoral de Pontevedra."Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020. Logo do falecemento de Isaura Abelairas foi deputada dende xuño de 2021 mantendo a súa independencia como non militante ao non afiliarse ao PSOE. No grupo parlamentario levou áreas como vivenda, mocidade, enerxía ou LGTBI ademais do control da CRTVG.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Artigos en Nós Diario

Categoría:Xornalistas de Vigo

Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes