Ramón Cabanillas Álvarez, nado en Cambados en 1909 e finado en Zaragoza o 11 de maio de 1976, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria miniatura|Pasaxeiros do Ipanema. Fillo de Ramón Cabanillas Enríquez e Eudosia Álvarez Otero. Afiliado ao Partido Galeguista, foi membro da directiva do Grupo Galeguista de Madrid e redactor de galego da emisora Radio Norte. Durante a Guerra civil foi capitán do Exército republicano, comisario directivo do Diario del Ejército e xefe de propaganda da Emisión 4 de Madrid. Integrouse na Solidaridade Galega Antifeixista, colaborou en Nova Galiza e La Voz del Combatiente. Ao rematar a guerra pasou a Francia e exiliouse en México, chegando a Veracruz o 7 de xullo de 1939 a bordo do Ipanema. En México foi beneficiario da Junta de Ayuda a Republicanos Españoles (JARE) e do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE). Foi redactor e logo director da revista Saudade. É o autor do prólogo do Cancioneiro da loita galega publicado polo Partido Galeguista en México en 1943. Retornou a España e foi administrador de Radio Nacional de España en Zaragoza. Finou no Hospital Clínico Universitario de Zaragoza, foi soterrado en Cambados o 12 de maio de 1976.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-5-1976, p. 49.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego Cabanillas Álvarez, Ramón (1909-?) Portal de Archivos Españoles. Ministerio de Cultura y Deporte .

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Xornalistas de Cambados Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1976