Ramón Sarmiento Solla, nado en Baiona en 1973, é un sindicalista e político galego, secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia entre maio de 2017 e maio de 2021.

Traxectoria miniatura|Papeleta para as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, Sarmiento foi cabeza de lista por Pontevedra. Aos 20 anos comezou a traballar nos estaleiros vigueses Barreras e dous anos máis tarde xa formaba parte do comité de empresa. Afiliado a Comisións Obreiras desde o ano 1997, no ano 2004 incorporouse ao organigrama sindical, exercendo de responsable do sector naval. Catro anos despois foi elixido secretario comarcal do metal e en 2009, secretario comarcal de industria, cargo revalidado tres anos despois. Así mesmo, nos últimos catro anos foi o responsable estatal do sector naval.

Desde o congreso comarcal do 2012, compatibilizou as súas responsabilidades sectoriais coa pertenza á Comisión Executiva de CCOO de Vigo, amais de ser un dos representantes da Federación de Industria no Consello Nacional de CCOO de Galicia. A finais do 2016, despois de que Xosé Manuel Sánchez Aguión lle comunicase ao Consello Nacional que non se presentaría a un terceiro mandato, Ramón Sarmiento anunciou a súa intención de converterse en candidato á Secretaría Xeral no XI Congreso (maio de 2017), o que conseguiría co apoio do 82,55 % dos votos.

O 20 de maio de 2021, na apertura do XII Congreso Nacional do sindicato, anunciou que non presentaría a súa candidatura para repetir como secretario xeral.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Comisións Obreiras Comisións Obreiras de Galicia Ligazóns externas Web do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Categoría:Sindicalistas de CCOO de Galicia Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes