Lotario de ArlesGenealogia a Medieval Lands, nado en 926 ou 928 e finado en 950, era fillo de Hugo de Arles; foi rei de Italia dende sobre o 947 ata a súa morte en 950. Traxectoria Seu pai foi destituído por unha dieta celebrada en Milán, pero conservou a coroa e o título nunha parte do país. Falto do apoio suficiente, en 945 chegou ao compromiso de reinar xunto co seu fillo Lotario aínda que o poder estaba practicamente en mans de Berengario de Ivrea.
Á morte de seu pai en 947 sucedeuno en Italia, pero de feito nunca reinou de maneira efectiva. Casou con Adelaida de Borgoña e foi envelenado no 950 por Berengario II, marqués de Ivrea, que o substituíu no reino e encarcerou á raíña Adelaida. Devanceiros ┌─ Teobaldo de Arles (?-?). ┌─ Hugo de Arles (?-947), conde de Arles, rei de Italia. │ └─ Berta (?-?). │ Lotario (II de Italia e I de Arles) │ │ ┌─ X └─ X └─ X
Lotario II de Italia casado con Adelaida de Borgoña │ └─ Emma de Italia (948-?). casada co carolinxio Lotario de Francia
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Pierre Riché, Les Carolingiens, une famille qui fit l'Europe, París: 1983, ISBN 2-01-009737-8 . Jean-Charles Volkmann, Bien Connaître les généalogies des rois de France, ISBN 2-87747-208-6 . Encyclopædia Britannica. Consultado o 25 de abril de 2007, Encyclopædia Britannica Online: "Lothar II" . "Lothar koenig von Italien" Referencias xenealóxicas .
Outros artigos Bosónidas.
Categoría:Reis de Italia Categoría:Condes de Francia Categoría:Finados en 950 Categoría:Nados no departamento de Bocas do Ródano