Carlos Julio Benjumea Guevara, nado en Bogotá o 27 de xaneiro de 1941 e finado o 13 de maio de 2021, coñecido como "El Gordo", foi un comediante, director de teatro e actor de cinema, teatro e televisión colombiano, fundador da programadora Coestrellas.El Gordo Benjumea, un artesano del escenario y una estrella del humor El Tiempo. 31 de maio de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2019.

Traxectoria Con máis de 50 anos de traxectoria artística, 'El Gordo' comezou facendo teatro e posteriormente integrou o elenco da comedia "Yo y Tú". Na década dos 70, foi a estrela principal dunha serie de filmes humorísticos, incluíndo El taxista millonario, Esposos en vacaciones ou El inmigrante latino, chegando a rodar seis filmes co director Gustavo Nieto Roa. Máis tarde, dedicaríase ás comedias e o teatro.

Foi copropietario da empresa de televisión Coestrellas, onde realizou espazos como "Sabariedades" xunto ó seu amigo Fernando González Pacheco, "Ver para aprender" e fundou a compañía teatral La Casa del Gordo, onde salientou no xénero de Café Concerto. A finais participou en telenovelas como Fuego Verde e Isabel me la veló. Tamén participou en filmes como Perder es cuestión de método e en telenovelas como Hasta que la plata nos separe.Carlos Benjumea, el peso pesado de la actuación colombiana Caracol TV. Consultado o 19 de febreiro de 2019. Os seus fillos Ernesto, Paola e Marcela son tamén actores de televisión e teatro.

En 2017, recibiu o premio "Victor Nieto" na categoría "toda unha vida" nos premios India Catalina.

En 2021, finou por mor de complicacións rexistradas meses antes.

Notas

Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Finados en 2021 Categoría:Actores de televisión de Colombia Categoría:Actores de cinema de Colombia Categoría:Actores de teatro de Colombia