Marta Traba Taín, nada en Buenos Aires o 25 de xaneiro de 1930 e finada en Madrid o 27 de novembro de 1983, foi unha crítica de arte e escritora arxentino - colombiana, de orixe galega, coñecida polas súas importantes contribucións ao estudo da arte latinoamericana.

Traxectoria Os seus pais eran os inmigrantes galegos Francisco Traba, xornalista, e Marta Taín. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Buenos Aires. Durante os seus anos de estudante traballou na revista Ver y Estimar, dirixida polo crítico de arte Jorge Romero Brest. Foi unha das pioneiras na actitude crítica da arte colombiana e latinoamericana.

De 1949 a 1950 estudou Historia da Arte na Sorbona de París e logo na Universidade dos Andes e na Universidade Nacional de Colombia, en Bogotá, onde obtivo a cátedra de Historia da Arte. O seu primeiro marido foi o xornalista Alberto Zalamea. Tamén colaborou con programas de arte na nova Televisión Nacional de Panamá e en emisoras culturais como HJCK . As súas columnas na revista Semana e no xornal El Tiempo enriqueceron a discusión sobre o futuro artístico de Colombia, participando nas principais polémicas dos anos sesenta: o realismo socialista contra o expresionismo abstracto, o nacionalismo fronte ao internacionalismo e a arte figurativa contra a abstracta.Beatriz González, Marta Traba en Pensamiento colombiano del siglo XX, Tomo 1, Santiago Castro, Alberto Flórez, Guillermo Hoyos, Carmen Millán, eds. Universidad Javeriana, ed. Bogotá, 2007.

Fundou Museo de Arte Moderna de Bogotá na Universidade dos Andes, onde tamén impartía clases. En 1968, durante o goberno de Carlos Lleras Restrepo, os militares ocuparon a Universidade Nacional de Colombia e expulsaron a Marta Traba do país. Como exiliada, viviu en Montevideo, Caracas, San Xoán de Porto Rico, Washington, Princeton, Barcelona e París, xunto co seu segundo marido, o crítico literario uruguaio Ángel Rama. Con todo, en 1982 conseguiu a nacionalidade colombiana.

En 1958 publicou El museo vacío, un ensaio sobre estética onde analizou o pensamento de Benedetto Croce e Wilhelm Worringer. Tamén publicou varios ensaios sobre a historia e a crítica da arte en América Latina: La pintura nueva en Latinoamérica (1961), Dos décadas vulnerables en las artes plásticas latinoamericanas (1950-1970) (1973), Arte de América Latina 1900- 1980 . Analizou a obra de varios artistas latinoamericanos, entre eles Alejandro Obregón, Fernando Botero, Leopoldo Richter, Guillermo Wiedemann, Eduardo Ramírez, Samuel Montealegre, Edgar Negret, Feliza Bursztyn e Antonio Roda. Tamén estudou o mundo da arte pop e da arte conceptual.

Faleceu o 27 de novembro de 1983 no voo 011 de Avianca, cando o Boeing 747 no que viaxaba se estrelou antes de aterrar no Aeroporto de Madrid-Barajas. Viaxaba a Colombia para asistir ao "Primeiro Encontro de Cultura Hispanoamericana", invitados polo presidente Belisario Betancur. No mesmo accidente morreron tamén o seu marido Ángel Rama, o escritor mexicano Jorge Ibargüengoitia, o escritor peruano Manuel Scorza e a pianista española Rosa Sabater entre outros.

Obras

Historia Natural de la alegría. Buenos Aires: Editorial Losada, 1952 (poesía). El museo vacío. 1958 Arte en Colombia. 1960 Seis artistas contemporáneos colombianos. 1963 Los cuatro monstruos cardinales. 1965 Las ceremonias del verano. Prólogo de Mario Benedetti. La Habana: Casa de las Américas, 1966. 2.ª edición: Buenos Aires: Jorge Álvarez, 1966. 3.ª edición: Barcelona: Montesinos Editor, 1981. Premio de Literatura da Casa das Américas de novela, Cuba. Los laberintos insolados. Barcelona: Seix Barral, 1967 (novela). Pasó así. Montevideo: Ed. Arca, 1968 (contos). La Jugada del día sexto. Santiago de Chile: Edit. Universitaria, 1969 (novela). Dos décadas vulnerables en las artes plásticas latinoamericanas (1950-1970). México, 1973. Mirar En Caracas. Caracas: Monte Ávila Editores, 1974. Mirar en Bogotá. 1976 Homérica Latina. Bogotá: Carlos Valencia Editores, 1979 (novela). Conversación al sur. México: Siglo XXI, 1981 Historia abierta del arte colombiano. Santiago de Cali: Colcultura, 1984 (Historia crítica da arte). En cualquier lugar. Bogotá: Siglo XXI, 1984 (novela). Museo de arte moderno. Bogotá: Planeta, 1984. De la mañana a la noche. Montevideo: Monte SEXTO, 1986 (contos). Casa sin fin. Montevideo: Monte Sexto, 1987. Arte de América Latina 1900-1980.

Libros sobre Marta Traba

Marta Traba: una terquedad furibunda, Victoria Verlichak, 2001. En blanco y negro, Marta Traba en la televisión colombiana, 1954-1958, Nicolás Gómez Echeverri, 2008. El programa cultural y político de Marta Traba. Relecturas, varios autores, 2010. Marta Traba en circulación, Florencia Bazzano Nelson, 2010. Homérica latina: arte, ciudades, lenguajes y conflictos en América Latina, Rubén Darío Flórez Arcila, 2011. Mínimas huellas luminosas, Gustavo Zalamea, 2011. Marta Traba en facsímil, Fernando Zalamea, 2014.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Marta Traba en línea: recopilación de textos críticos de Marta Traba, archivos de audio y video . Marta Traba: persona y obra, Juan Gustavo Cobo Borda . Revista Mundo No 5 (Bogotá, Colombia), dedicada a Marta Traba . Marta Traba o el salto al vacío (Revista Hispanoamericana, 1985) por Elena Poniatowska . PDF.

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Finados en 1983 Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Escritores de Colombia Categoría:Críticos da arte Categoría:Ensaístas Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Finados en accidente aéreo